HomeEconomíaII edición do mercado 'Petiscos de Nadal' en Taboada

II edición do mercado ‘Petiscos de Nadal’ en Taboada

Será o vindeiro 23 de decembro e contará con 17 postos de alimentación e artesanía, na súa maioría, de  producións agroalimentarias e obradoiros da Ribeira Sacra. O evento está organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais da localidade (ACIMTA) e apoiado economicamente pola Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres 15 de decembro presentábase no cuartel vello de Taboada unha nova edición do mercado ‘Petiscos de Nadal’, un evento dinamizador da economía local que organiza a Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (ACIMTA) e que se desenvolverá ao longo do sábado 23 de decembro na céntrica Praza de Riazón.

Acompañando ao presidente da Asociación de Comerciantes de Taboada, Miguel Pavón, estiveron diferentes autoridades: a deputada de Cultura, Iria Castro; a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; o alcalde de Taboada, Roi Rigueira, e o concelleiro de cultura Manuel Diéguez.

‘Petiscos de Nadal’ configúrase coma un mercado propio destas datas, mais dándolle o toque diferencial do produto e da creatividade galega que ten como obxectivos dinamizar a economía local e poñer en valor os produtos e a gastronomía da Ribeira Sacra. Contará con 17 postos de alimentación e artesanía, de  producións agroalimentarias e obradoiros da Ribeira Sacra, que se instalarán na Praza de Riazón de 11.00 a 19.00 horas.

A deputada de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística, Iria Castro, valorou “a iniciativa do tecido empresarial de Taboada que puxo en marcha e mantén este mercado, ofrecendo a artesáns e produtores agroalimentarios da comarca un espazo para vender e promocionar os seus produtos e fomentando o consumo de produtos de proximidade”.

Pola súa banda, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, García Porto, sinalou que “cando veñamos ao mercado debemos pensar na dedicación e na historia que cada comerciante e produtor local achega a esta celebración. Son eles os que fan deste mercado un lugar onde as conexións humanas brillan con luz propia”. Apuntou ademais que “cada produto que veremos aquí leva consigo a esencia da Ribeira Sacra”.

Este evento conta coa colaboración económica de Deputación de Lugo e Vicepresidencia.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

11.30 horas. Apertura do Mercado e actuación para público infantil e familiar con Paco Nogueiras.

13.00 horas. Visita da Apalpadora.

14.00 horas. Sorteo dunha cesta de Nadal con produtos da Ribeira Sacra.

15.00 horas a 19.00 horas. Obradoiro de instrumentos musicais con Xaneco Tubío.

19:00 horas. Peche do mercado e actuación de Catuxa Salom.

De 11.30 a 20.00 horas. Zona gastronómica con varios postos de comida elaborada.

A deputada de Cultura, Iria Castro, coa Apalpadora. Foto: Prensa Vicepresidencia Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...