HomeEconomíaSabes cales son os 5 comercios do sur de Lugo mellor valorados...

Sabes cales son os 5 comercios do sur de Lugo mellor valorados polos consumidores?

Déronse a coñecer o pasado 14 de decembro no Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, no transcurso da gala coa que remataba a campaña 'Mellor Comercio da Túa Vila'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado xoves 14 de decembro remataba a campaña Mellor Comercio da túa vila, unha iniciativa financiada practicamente na súa totalidade pola Deputación de Lugo –cunha achega de 50.000€– para promocionar o sector comercial de proximidade.

Na gala que poñía fin a esta campaña, e que contou coa presenza de diferentes alcaldes de concellos lucenses, co presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, e outras autoridades como José Tomé, presidente da Deputación de Lugo; Pablo Rivera, deputado de Promoción Económica e Social; ou Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, entregáronse os premios aos 17 negocios máis valorados polos consumidores, por un total de 8.500€, e aos clientes, en bonos de compra que suman 15.000€.

Segundo fontes da institución provincial participaron un milleiro de establecementos da provincia e máis de 25.000 consumidores, calculando que o volume de vendas puido chegar aos 800.000€. Estes datos, lembran que, en palabras de José Tomé, “cando traballamos xuntos –-administración e sector comercial–, temos mellores resultados, e que, polo tanto, nos animan a manter no futuro a colaboración da Deputación coa Federación de Comercio”.

Ademais, no marco da campaña Mellor Comercio da túa vila a velada serviu tamén para facer entrega dos 20 vales de compras de 300€ e 40 de 150€ aos 60 consumidores que resultaron premiados no sorteo celebrado o pasado 11 de decembro no Pazo de San Marcos, no que participaron preto de 17.000 persoas, xerando un gasto total de medio millón de euros no comercio minorista da provincia de Lugo.

OS NEGOCIOS MELLOR VALORADOS

17 foron os comercios lucenses mellor valorados polos consumidores, establecementos que recibiron na gala premios de 500€ cada un e un diploma.

Destes, referimos a continuación os 5 que están en concellos do sur de Lugo, dentro do territorio que cubre informativamente o Xornal de Lemos: Don Bolso (Chantada), Nadira Aliayde (Quiroga), Librería Entre Libros (Monforte de Lemos), Panadería Pallares (Sarria), e Nuria Fente (Taboada). 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...