HomeEconomía123.000€ para a mellora da mobilidade e a promoción turística de Quiroga

123.000€ para a mellora da mobilidade e a promoción turística de Quiroga

Deputación e concello asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aporta 123.000€ á adminsitración local para adquirir un tractor para o arranxo e mantemento de pistas e para implantar a plataforma dixital Aldealista, coa que potenciará a promoción turística.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este convenio co concello de Quiroga permitirá por unha banda a adquisición dun tractor para o arranxo e o acondicionamento de camiños rurais. Unha nova maquinaria que servirá para poñer a punto as pistas de titularidade municipal “en inadecuado estado de mantemento”, tal e como sinalan desde o concello.

“Este tractor permitiranos manter, acondicionar e mellorar moitos pasos deteriorados polo mal uso, o abandono e as condicións meteorolóxicas, pero tamén recuperar trazados orixinais”, apuntan.

Sinatura do convenio. Foto: Deputación de Lugo.

A Deputación tamén axudará ao municipio a implantar Aldealista, unha plataforma dixital que servirá para dar visibilidade ás aldeas do rural e promocionalas para visitas, compras ou unha boa opción para quedarse a vivir. “Unha ferramenta útil para revalorizar as zonas rurais e favorecer o seu crecemento”, explican desde o concello.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...