HomeEconomíaA AIE Ribeira Sacra Next recibe a felicitación dos concellos mentras segue...

A AIE Ribeira Sacra Next recibe a felicitación dos concellos mentras segue a rolda de contactos para presentarse

Desde a Agrupación destacan, “Nun contexto principalmente rural agruparse é fundamental porque a realidade é que as posibilidades e capacidades que son iguais para todos na teoría, na práctica séguense dando diferenzas de representatividade. A muller e a pequena empresa son valores fundamentais deste territorio e coa AIE contarán coa representatividade necesaria”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación de Interese Ecomómico Ribeira Sacra Next constituíase legalmente en xaneiro do 2023, presentábase pouco despois e tras un período de captación de novos socios, en novembro do pasado ano celebrábase a primeira reunión do consello de administración.

A iniciativa prioriza o impulso económico da Ribeira Sacra desde o sector empresarial, aproveitando para unir as dúas provincias como un único territorio desde o punto de vista económico. “Podemos facer da AIE Ribeira Sacra Next un referente de comunidade xestionando e impulsando xuntos o espazo no que habitamos. Desde os sectores empresariais abrirnos cara o exterior e proxectar cara o futuro a nosa economía”, destacan desde a AIE.

A AIE centra esforzos en poder contar cunha Xerencia, con este obxectivo reuníase recentemente co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, que trasladaba a súa felicitación polo paso dado, “baixo un mesmo paraugas poderanse afrontar intereses, problemáticas e retos futuros comúns”.

Reunión Javier Arias coa AIE Ribeira Sacra Next / PP Provincial

Mentres responsables da Agrupación seguen a rolda de reunións para darse a coñecer nos diferentes municipios da Ribeira Sacra de Lugo e Ourense e poder contar coa colaboración das diferentes administración locais. Xa se celebraron encontros cos alcaldes de Pantón, A Pobra do Brollón, Sober, O Saviñao, Monforte de Lemos ou Nogueira de Ramuín, que trasladaron a felicitación pola posta en marcha desta agrupación para defender os intereses económicos do territorio.

Dentro do calendario de xuntanzas este xoves, 18 de xaneiro, pola mañá, reuníanse en Parada de Sil cos alcaldes de Parada de Sil, A Teixeira, Montederramo, Chandrexa de Queixa e Xunqueira de Espadanedo. En próximas datas celebrarase encontro con concellos como Portomarín, Paradela, Bóveda ou Chantada. Pedirase tamén a colaboración das deputacións de Lugo e Ourense e xa contan co respaldo de colectivos como o C.D.O.R.S., o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, o CCU de Monforte de Lemos ou ACIMTA de Taboada.

Na actualidade integran a AIE Ribeira Sacra Next máis de 60 empresas que suman máis de 400 traballadores e unha facturación de máis de 90 millóns de euros.

Todas as empresas e autónomos/as interesados/as en participar deste novo proxecto empresarial poden obter información e incribirse na web provisional da AIE, ribeirasacranext.gal.

ÚLTIMAS

Cousas Xacobeas: O Camiño en Ortoá, Barreiros e Nabás (III)

(Este artigo dá continuidade a Cousas Xacobeas, o Camiño en Ortoá: Santa Marta (II)) Froito...

O PP destaca “os 6 millóns de euros que a Xunta investiu no Hospital de Monforte” nos últimos dous anos

Segundo as populares estas melloras evidencian "o compromiso do Goberno galego coa veciñanza do...

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra”, primeiro poemario de Gloria Guerrero García coa Ribeira Sacra de fondo

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra” é o primeiro poemario de Gloria...

Esperta Monforte reclama facer un estudo das rutas de sendeirismo do municipio e acondicionalas

Segundo Esperta Monforte a práctica totalidade dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra...