HomeEconomíaSEA licita a ampliación do Polígono do Reboredo en Monforte, 27,5 hectáreas...

SEA licita a ampliación do Polígono do Reboredo en Monforte, 27,5 hectáreas máis

Esta nova ampliación do Polígono industrial do Reboredo da resposta á solicitude de ampliación que o Alcalde fixo a SEA, o 10 de maio de 2021,  “para cubrir a demanda actual de chan empresarial, e ó mesmo tempo, proxectalo cara o futuro” explicou o Alcalde, “xa que o Polígono non dispón actualmente de parcelas dispoñibles para venta, e dado que hai empresas interesadas en instalarse no mesmo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ampliación que se vén de anunciar suporá incrementar o Polígono do Reboredo en 27,5 hectáreas máis (275.000 m2), que é un 74,20% da superficie actual (370.600 m2). Tomé engade a cesión que a Deputación de Lugo levou a cabo de parcelas adquiridas no seu día; actuarase na parte noroeste e supón incrementar a superficie en 16,5 hectáreas.

“Sumando as dúas ampliacións, o Polígono de O Reboredo pasará a ter unha superficie superior ós 800.000 m2, cunha proxección de futuro moi importante”, subliñou o Alcalde. O Parque Empresarial de Reboredo está ocupado ó cento por cento e, tanto o Concello de Monforte, como o SEA e a Delegación do Goberno en Galicia xa adoptaran o acordo para dotar de máis chan industrial a unha comarca que o estaba demandando.

Polígono Reboredo melloras

O concello monfortino leva desenvoltas diversas actuacións de mellora no Polígono do Reboredo nos últimos anos, como a nova vía de medio quilómetro construída na zona oeste, na que o Concello aportou 235.627,16€, as actuacións de reforma dunha nave municipal que foi convertida na sede do primeiro Viveiro de Empresas industrial que ten o Concello de Monforte, e no que investiu 235.913,45€ ou os traballos de mellora do firme da estrada provincial que vai dende Monforte ó polígono industrial de O Reboredo, en concreto, a estrada LU-P-3205,  para o que se destinou un orzamento de 315.000€. No 2023, o Alcalde anunciou un inventimento de 5.000.000 € para unha nova depuradora no Polígono.

O éxito do Polígono tradúcese no interese crecente de empresas por implantarse no mesmo, como o caso anunciado da farmacéutica Kern Pharma, que construirá unha planta de produtos inxectables, cun investimento de máis de 60M€ e con máis de 100 empregos, ou a ampliación e mellora das instalacións da empresa de produtos lácteos Oviganic Ibérica, e novos proxectos industriais que están en fase de anteproxecto. Ou o caso de Alumetal e Ramiro Vila, entre outras, que son outras das empresas que se instalaron no Polígono do Reboredo.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...