HomeEconomíaADIF destina 7 millóns de euros para a supresión dos pasos a...

ADIF destina 7 millóns de euros para a supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

As actuacións comprenderán a execución dun paso inferior baixo as vías do tren, nun punto intermedio entre os dous pasos a nivel, e incrementarán as condiciones de seguridade tanto para a circulación de vehículos, como de trens e da propia cidadanía monfortina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un paso inferior, unha rotonda e unha ponte que suporán a urbanización de toda a zona que vai dende o restaurante Ronda ata a estrada de Reigada, e dende o Morín ata a rotonda das traseiras das casas da rúa Padre Feijóo, e a súa conexión con Juan Montes e o barrio de Rioseco. “Cambiará totalmente o aspecto físico desa zona do barrio da Estación”, asegura o alcalde, José Tomé.

As obras foron adxudicadas á UTE integrada por Civis Global y Extraco e os traballos enmárcanse nas actuacións de supresións dos pasos a nivel, “seguimos dando os pasos necesarios para desenvolver un proxecto de moito calado que sen dúbida contribuirá a mellorar estes barrios da cidade e a aumentar a seguridade tanto de vehículos como de persoas, e a previsión de inicio das obras que nos trasladan dende ADIF é na primavera-verán deste ano 2024”.

A licitación do proxecto estaba previsto que se levara a cabo no ano 2022 pero debido ó incremento de prezos dos materiais despois da pandemia da Covid-19, o Goberno de España aprobou un Decreto e a Xunta de Galicia outro, no que regulaban a revisión de prezos dos proxectos con un incremento aproximado dos mesmos, dun 20%.

A previsión do custe destas obras ascendía ao redor de 6.000.000 €, que, unha vez revisados nese 20% aproximado, ascendían a 8.273.522,43 €, o que supón unha inversión moi importante que vai a supoñer dinamizar toda esa zona. Finalmente, a adxudicación das obras ronda os 7 millóns de euros.

Construirase un paso inferior por debaixo da vía, máis ou menos na metade dos dous pasos a nivel, polo que pasarán os vehículos e as persoas, dun xeito seguro, acadando así que non se produzan máis atropelos neses pasos. Contará con elementos de sinalización vertical e horizontal, sistemas de contención nos bordos e pozo ou arqueta de bombeo con dúas bombas para a evacuación de augas.

Deste xeito, configuraranse unhas comunicacións modernas e fluídas a ambos lados da vía do Ferrocarril, totalmente urbanizadas e que van poñer en valor toda esa zona, xa que non haberá esperas propiciadas polo paso do tren, como ocorre ata agora.

O proxecto inclúe a construción de dous novos viais: uno Este-Oeste, entre as rúas Juan Montes e Río Seco; e, outro Norte-Sur, que unirá ditas rúas. O paso inferior contará cun vial de calzadas laterais en superficie para dar continuidade aos laterais de rúa Padre Feijóo, paralela ao ferrocarril.

As novas rúas, permitirán as comunicacións dende a rúa Morín pasando por debaixo da vía ata a nova rotonda, que vai distribuír o tráfico cara Juan Montes e Rioseco, a través dunha nova ponte que comunica co núcleo de Rioseco. Tamén será posible a circulación pola marxe esquerda da vía, paralela a Padre Feijóo, gracias a unha rúa de nova construción, que irá dende o Xardín que hai diante do bar A Ronda, ata Juan Montes.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...