InicioEconomíaAxudas para a reestruturación e reconversión das viñas

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

A convocatoria desta liña de axudas publicouse no DOGA do 26 de marzo e conta con 4 millóns de euros. Con elas preténdese aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural na que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia convocadas para este ano 2024.

Conta cunha partida de 4 millóns de euros e con elas preténdese aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Preténdese así diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Foméntase a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as variedades autóctonas galegas –de menores rendementos e elevada calidade diferenciada–, aproveitando a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

BENEFICIARIOS, ACCIÓNS SUBVENCIONABLES E PRAZOS PARA SOLICITALAS

Son beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de replantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas.

O prazo de presentación de solicitudes está xa aberto e prolóngase ata o 26 de abril. Os viticultores inscritos no rexistro da D.O. Ribeira Sacra poderán tramitar as axudas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, sita en rúa Comercio 6-8, 1º piso de Monforte de Lemos. Pódese solicitar cita previa chamando ao teléfono 982 41 09 68.

ÚLTIMAS

Degustacións comentadas na XXIV Mostra do Aceite de Quiroga

A recreación da elaboración tradicional no muíño de Bendilló e a venda do aceite...

O PP esixe o “arranxo inmediato” da estrada LU-P-2903 en Bóveda: “Xa non poden circular camións ou tractores”

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo esixiron ao presidente da Deputación, José Tomé, o "arranxo inmediato"...

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial recibe o apoio da Secretaria de Estado de Turismo

A Secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, mostrou o seu total apoio á...

A Deputación destina 2,46M€ para a mellora de estradas provinciais

Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación, por un...