HomeEconomía“Cantos máis sexamos, faremos un plan mellor”, repetiron as Universidades na presentación...

“Cantos máis sexamos, faremos un plan mellor”, repetiron as Universidades na presentación do plan que guiará a estratexia da Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebrou a mediados deste mes unha Xornada para presentar propostas de cara a elaboración do Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next. Iniciábase así un proceso de participación para definir o que queren os todos sectores empresariais deste territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro para definir ese plan de acción tivo lugar no Hotel Cardenal de Monforte de Lemos, onde se deron cita medio cento de persoas para coñecer a exposición que desenvolverían Andrés Mazaira Castro, Profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo-Ourense (Coordinador do Observatorio Económico Provincial de Ourense) e José Pablo Abeal Vázquez, Profesor do Departamento de Empresa da Universidade da Coruña. Os dous relatores plantexaron as súas propostas e metodoloxías de traballo para debater entre os presentes.

“Falamos de pensar o territorio e que as empresas poidan facer a súa actividade e tamén traballar en conxunto. O sábado comezamos un proceso de participación para definir o que queremos todos os sectores empresariais da Ribeira Sacra”, destacaba Severino Rodríguez, Secretario da Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra.

Todo o proceso de elaboración do Plan Director comezará cunha diagnose da situación do territorio Ribeira Sacra e desde ese momento en adiante “Cantos máis sexamos, faremos un plan mellor”, repetiron as Universidades.

As dúas propostas aséntanse nos mesmos piares para sacar adiante un Plan Director realizado sobre o terreo, no que a participación é fundamental para acadar a súa execución e poder conseguir obxectivos:

  • Pensar na colectividade, non en individualidades
  • As empresas teñen relación con todos os sectores
  • Hai valores compartidos por todos sobre os que hai que construír
  • Un plan co que temos que ver resultados
  • Innovación, sustentabilidade, flexibilidade, colaboración, compromiso
  • Participar coa comunidade compartindo coñecemento
  • Invertir tempo e traballo
  • Monitorizar resultados, avaliar e adaptar
  • Hai moitos plans nos caixóns, hai que executalos

Á xornada asistiron empresas de tódolos sectores representados na Agrupación, representantes de entidades colaboradoras, alumnado de materias vinculadas coa temática e outras persoas interesadas. Entre os asistentes, decidiuse nun debate posterior, desenvolver o Plan Director coa Universidade da Coruña, implicando tamén á Universidade Vigo-Ourense. “Ambos transmitiron ilusión. En 16-20 semanas o Plan estará en papel e ao día seguinte comezamos a aplicalo” concluía o Presidente da Agrupación Empresarial Ribeira Sacra Next, Manuel Dacosta.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...