HomeEconomíaSober acolle o 9 e 10 de maio un foro económico para...

Sober acolle o 9 e 10 de maio un foro económico para as relacións rural-industria

O evento, que terá lugar no Áurea Palacio de Sober os vindeiros 9 e 10 de maio, reunirá a máis de 60 destacados relatores e a preto de 400 asistentes e permitirá poñer o foco no potencial industrial e social do medio rural para xerar estratexias e sinerxias que impulsen a súa competitividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CESUGA (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia) e o Concello de Sober presentarán este martes, 9 de abril, a primeira edición de “O encontro de Sober”, novo foro económico que segue a estela do encontro da Toxa para impulsar o desenvolvemento do medio rural galego a través da creación dun espazo estratéxico de diálogo e cooperación entre o tecido industrial e agrario, o mundo universitario e o sector público de Galicia.

O foro desenvolverá un total de 17 mesas temáticas de acceso gratuíto sobre os principais retos do futuro agro-industrial galego en sectores específicos como o lácteo, cárnico, vitivinícola, tecnolóxico, financeiro ou os das enerxías renovables, a minaría sostible, a industria forestal, o patrimonio natural , o emprendemento e a xestión do risco.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...