HomeEconomía18.000€ para nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

18.000€ para nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

O concello de Monforte presenta un proxecto para mellorar a iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, “na que non había iluminación, concretamente entre o Pavillón polideportivo e o Campo de Fútbol, nin entre Pavillón e as pistas de tenis, nin nos aparcamentos que dan á estrada de Sober”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase do proxecto de iluminación da zona de aparcamentos, tanto a que da á estrada de Sober como os aparcamentos situados nos exteriores do Campo de fútbol, da piscina e do polideportivo. Para elo, o concello de Monforte destina máis de 18.000 € (18.053,20€).

“Con este proxecto de iluminación dos estacionamentos desta zona, e unha vez se remate a mellora dos aparcamentos e reordenación do tráfico, así como a mellora integral da piscina, esta zona da cidade completará a súa transformación. Só quedará por arranxar as pistas de tenis, algo que temos xa en proxecto”, salientou o alcalde, José Tomé.

As actuacións consistirán na instalación de 7 columnas galvanizadas de 8 metros con cimentación, de 3 columnas galvanizadas con dobre brazo sen cimentación e 12 novas luminarias Essence de 70w. O proxecto inclúe tamén toda a canalización do cableado sobre terra e asfalto, empregado cable modelo Rv 2×6 e 1×16 T/T. 

Con esta actuación completarase a transformación deste espazo da cidade, xa que se une ós proxectos xa anunciados polo Alcalde de mellora de todo o espazo destinado para estacionamento deste complexo deportivo da Pinguela, e o arranxo integral da Piscina municipal.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...