HomeEconomíaNace 'o encontro de Sober', un foro para activar o binomio rural-industria

Nace ‘o encontro de Sober’, un foro para activar o binomio rural-industria

Celebrarase os vindeiros 9 e 10 de maio no Áurea Palacio de Sober co obxectivo de poñer o foco no potencial industrial do medio rural galego. A organización do evento corre a cargo de CESUGA (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia), institución académica con mais de 25 anos de experiencia en formación universitária de vanguarda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira edición de “O encontro de Sober”, que vén seguir o camiño iniciado polo CESUGA hai catro anos con “O encontro de A Toxa”, celebrarase os vindeiros 9 e 10 de maio no Áurea Palacio de Sober. Trátase dun foro que poñerá enriba das mesas de debate o potencial industrial do medio rural galego e xerar sinerxias que permitan impulsar o desenvolvemento e a competitividade da Galicia do interior.

“Facía falta un espazo económico para recuperar o noso rural e a nosa industria. Desde CESUGA asumimos o reto e deseñamos este foro de valor compartido onde intentar que os seus actores se xunten unha vez ao ano, interactúen e debatan sobre os retos, as oportunidades e as ameazas no rural”, dixo Venancio Salcines, presidente do Consello Reitor deste centro de estudios universitarios. Ademais, tamén recoñeceu que a decisión de facer este encontro económico en Sober foi porque este municipio é un exemplo que representa á Galicia interior e con potencial de desenvolvemento económico.

Pola súa banda, o alcalde do concello anfitrión, Luis Fernández, salientou o “pulo” que supón un evento económico destas características para Sober e tamén para toda a Ribeira Sacra. “Nós aportamos o territorio. Isto é a Ribeira Sacra, unha comarca en alza. Eventos así axudan moito nun momento tan decisivo para a nosa candidatura a Patrimonio Mundial”, comentou en referencia ao título da Unesco ao que opta no 2026 como Paisaxe da auga: Ribeira Sacra.

O ENCONTRO DE SOBER

“O encontro de Sober” reunirá durante dúas xornadas arredor de 400 asistentes e preto dun centenar de destacados relatores do mundo da empresa, o ámbito académico e o sector público, que participarán nun total de 17 mesas temáticas, de acceso gratuíto para o público. Entre outros temas, as ponencias e debates abordarán os principais retos do futuro agro-industrial galego en sectores específicos como o lácteo, cárnico, vitivinícola, tecnolóxico, financeiro ou os das enerxías renovables, a minería sostible, a industria forestal, o patrimonio natural, o emprendemento e a xestión do risco.

O foro de CESUGA conta co apoio, ademais do Concello de Sober, das consellerías do Medio Rural e Economía, Industria e Innovación, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e empresas como: Estrella Galicia, Ence, Grupo Leche Río, Banco Santander, Vegalsa Eroski, Cobre San Rafael e Dest People. O perfil do público que se achegará ao evento será, sobre todo, “de empresarios e directivos, emprendedores e xente da administración pública e a universidade”. “Unha das mesas –engadiu Salcines– traerá aos representantes das patronais asturiana e leonesa. Cremos que hai que abrir o evento de Sober e que ano a ano sexa a referencia no debate rural-industria no norte de España e tamén no norte de Portugal”.

O foro, que disporá de espazos para networking e presentación de negocios, será retransmitido en streaming en YouTube e contará con comentaristas e entrevistas en directo cos participantes.

ÚLTIMAS

Sacrapastas recibe o selo de Galicia Calidade para os seus produtos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia...

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da...

A XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

Monforte presenta a campaña promocional da vinteunha edición da Feira Medieval de Monforte, que...

Quiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para para pilotos de parapente

Os vindeiros 5 e 6 de abril, a localidade de Quiroga converterase no epicentro...