HomeEconomía210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no...

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres novos investimentos por 210.000€ para obras de acondicionamento de tres estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Chantada e do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas vías provinciais cun orzamento de preto de 117.000€. Trátase da LU-P-1803, que une Camporramiro  con Castro de Carballedo por Vilaúxe, entre os quilómetros 1,3 e 4,2; e da LU-P-1818, que conecta os núcleos de Xedive e Vilaúxe. Nos dous casos, as obras consisten na reapertura de cunetas, a limpeza da drenaxe, a reparación do firme, a pavimentación e a sinalización vertical.  O prazo de execución é de 2 meses.

E canto ao concello do Saviñao, a Deputación actuará na estrada LU-P-5810, que conecta a estrada provincial LU-P-5804 (de Rebondiego a Morgade) con Eirexafeita por Cazón. Así, aprobou licitar un proxecto valorado en 90.000€ para acometer a reapertura de cunetas, a reparación do firme e a pavimentación nos 6,8 primeiros quilómetros da estrada. O prazo de execución é tamén de 2 meses. 

A Xunta de Goberno tamén aprobou a adxudicación directa da parcela número 20 do polígono industrial dos Acivros, en Chantada, á empresa Airas Moniz por 45.560€. No parque empresarial chantadino, das 49 parcelas existentes, están vendidas 38 e hai solicitudes rexistradas para as 11 que restan.

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou o último trámite administrativo para o pago dunha subvención por un importe de 6.000€ ao colectivo Monte Veciñal en Man Común Vilademouros, do Incio, que resultou beneficiario do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios que impulsa a Deputación. A axuda económica estivo destinada á reparación e ao equipamento do centro social de Vilademouros.

Co Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, a institución provincial colabora economicamente con entidades asociativas -como agrupacións veciñais, comunidades de augas e de montes, e asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais-, para acometer obras en servizos, equipamentos e infraestruturas que inciden no seu día a día, tales como pistas, accesos, locais sociais, traídas de auga, fontes ou espazos públicos comunais. “Estamos contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida e, desta forma, a fixar poboación no noso rural”, destacou García Porto.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...