HomeEconomíaA Xunta outorga autorización previa a unha planta fotovoltaica con 5.700 placas...

A Xunta outorga autorización previa a unha planta fotovoltaica con 5.700 placas xunto ao parque eólico de Páramo

Sería un parque cunha potencia de 3.200 quilowatts (kw), que alcanzan os 23.200 kw se se ten en conta a potencia eólica.

Publicado o

- Advertisement -

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Consellería de Economía, Industria e Innovación, outorgou autorización administrativa previa e de construción para a hibridación dunha instalación solar fotovoltaica co parque eólico Serra do Páramo que a empresa Virandel promove no concello lucense do Páramo. Este martes, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou dita resolución para a construción dun parque cunha potencia de 3.200 quilowatts (kw), que alcanzan os 23.200 kw se se ten en conta a potencia eólica. 

Contaría con 5.700 paneis solares de silicio monocristalino, segundo se desprende das características técnicas do proxecto. “Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas”, lembrou a Xunta.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...