HomeEconomíaO futuro do viño na DO Ribeira Sacra a debate

O futuro do viño na DO Ribeira Sacra a debate

O presidente do Consello Regulador da Ribeira Sacra anunciou a convocatoria dunha reunión de traballo para o próximo 21 de maio na sede da institución. Participarán diversas institucións asentadas no territorio, entre elas concellos e deputacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador da Ribeira Sacra, vén de anunaciar a convocatoria dunha reunión de traballo na que participarán diversas institucións asentadas no territorio, entre elas concellos e deputacións, co propósito de levar a cabo unha análise da situación actual do sector do viño e a viticultura na Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O obxectivo primordial deste encontro, que será o vindeiro 21 de maio de 2024 ás 11:00 horas na sede do Consello Regulador, é deseñar estratexias coordinadas que permitan facer fronte aos desafíos actuais.

Consciente do interese compartido por todas as administracións en impulsar unha das actividades económicas máis relevantes do territorio e preservar a viticultura heroica, piar fundamental do futuro patrimonio da humanidade, o Consello Regulador busca fomentar o debate entre os distintos actores involucrados no territorio. O propósito é garantir a conservación desta invaluable manifestación da nosa identidade, como o é a viticultura heroica. Este encontro representa unha oportunidade crucial para abordar medidas que aseguren a continuidade deste legado ancestral no tempo.

En palabras do presidente do Consello Regulador: “Consideramos que este é o momento oportuno para implementar medidas que garantan a preservación deste legado que herdamos dos nosos antepasados. Por tanto, esta reunión constitúe un primeiro achegamento para comprender a realidade do sector e comezar a trazar o camiño que asegure o seu futuro”.

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...