HomeEconomíaEn xullo comezan a funcionar en Trascastro apartamentos turísticos rurais

En xullo comezan a funcionar en Trascastro apartamentos turísticos rurais

Trascastro foi a primeira aldea modelo da provincia de Lugo, unha declaración que obtivo por parte da Xunta de Galicia no ano 2019. Agora, unha emprendedora nada na aldea, Paloma Gallardo, decidiu solicitar as axudas que ofrece o Goberno galego para poñer en marcha dous apartamentos turísticos rurais na casa familiar que os seus antepasados mercaron tras volver da emigración en Cuba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio contará o vindeiro mes de xullo cun novo proxecto turístico que foi financiado coas subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Estas axudas primaban os proxectos que se desenvolvan no perímetro que conforma a zona de actuación integral dunha aldea modelo, segundo figure na correspondente declaración, tanto para o caso de investimentos destinados á mellora, ampliación e/ou modernización de empresas existentes, como para o caso da posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas.

O proxecto de Paloma Gallardo, que leva por nome ‘Casa do Corral’ oferta dous apartamentos nunha vivenda familiar completamente rehabilitada e renovada pensada para aqueles viaxeiros “amantes da natureza e dos animais”.

Os apartamentos ocupan parte da casa da que toman o seu nome. Na outra, viven Paloma e o seu marido, tras recuperar o inmoble no que naceu e no que pasou a súa infancia e que, posteriormente, estivo algúns anos abandonado.

Unha escapada nunha contorna incomparable

Paloma explica que os turistas se van poder aloxar nunha construción feita en mampostería de lousa que data de 1835 emprazada nun paraxe de gran beleza natural no val do río Cabe. “Van poder desfrutar duns días de relaxación rodeados de enormes prados e gran arboredo no corazón do Incio”, precisa.

Ademais de ofrecer todas as comodidades, como habitacións completamente equipadas, salón-comedor, cociña completa, cheminea, wifi, televisión, aparcamento e recarga de coches eléctricos, no aloxamento tamén se aceptan mascotas. Un dos apartamentos leva por nome ‘As Tullas’ e ofrece aloxamento para 4 persoas de máximo. No outro, ‘O Corredor’ collen tres persoas de máximo. As reservas poden facerse xa a través da páxina web www.casadocorral.com 

Desde o Concello do Incio saúdan esta nova iniciativa e agradécenlle á súa promotora a súa posta en marcha como un novo espazo co que aumentar a oferta turística da zona e seguir atraendo visitantes á localidade.

Casa do Corral / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28...