HomeEconomía410.000€ para unha glorieta na LU-903 en Doade

410.000€ para unha glorieta na LU-903 en Doade

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica este mércores, 26 de xuño, no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da aprobación do proxecto de execución dunha glorieta na estrada autonómica LU-903 en Doade, no concello de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A publicación hoxe no DOG recolle o acordo aprobado na reunión do Consello da Xunta do pasado 17 de xaneiro, no que tamén foi autorizado o trámite de información pública deste proxecto. No seguinte enlace pode consultarse a información máis detallada: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240626/AnuncioG0181-190624-0001_es.html

A Xunta realizará a convocatoria dos actos expropiatorios no segundo semestre deste ano, para licitar e executar as obras no 2025. A actuación ten un prazo de execución aproximado de 6 meses.

O proxecto consiste na execución dunha nova glorieta á altura do punto quilómetro 12+780 da LU-903, que terá un diámetro de 28 metros e permitirá regular a intersección actual dun modo máis funcional e seguro, contribuíndo, ademais, á redución da velocidade nesa contorna.

A actuación inclúe a continuación das beirarrúas existentes, cara á marxe dereita da estrada autonómica e cara á vía provincial. Ademais, nos treitos anexos á glorieta e nos que non se habilite beirarrúa disporanse gabias transitables de seguridade, cun ancho variable, entre 1 e 1,5 metros.

A intervención completarase con obras de drenaxe, dispoñendo en ambas as marxes da estrada canalizacións das augas da chuvia; dotando de alumeado público, coa colocación de 14 luminarias LED; e rematando coa completa sinalización da glorieta, vertical e horizontal, balizamento e instalación de barreira de seguridade.

O departamento que dirixe María Martínez Allegue segue traballando na mellora da rede viaria autonómica para reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios, así como para impulsar unha mobilidade máis sostible.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...