HomeEconomíaA Xunta pon en funcionamento o novo Polo de Emprendemento de Sarria

A Xunta pon en funcionamento o novo Polo de Emprendemento de Sarria

A Xunta inaugurou este martes un novo polo de emprendemento e de apoio ao emprego, o de Sarria, que supón o número 14 da Rede e o quinto na provincia de Lugo. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na posta en marcha desta nova oficina na que se presta de xeito gratuíto apoio e asesoramento a calquera persoa que desexe emprender un negocio en Galicia o consolidar o que xa ten en funcionamento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O polo de emprendemento de Sarria busca, ao igual que co resto da Rede, dar formación e información ás persoas emprendedoras que o precisen co fin de xerar máis emprego de calidade en Galicia, co foco posto no rural. A Rede de emprendemento, polo tanto, busca dinamizar a economía loal e fomentar a iniciativa emprendedora na comunidade. Neste senso o conselleiro, sinalou que o obxectivo da Xunta é xerar un ecosistema de apoio aos emprendedores a través de, entre outras medidas, os polos que se configuran no rural e nas cabeceiras da comarca como o de Sarria.

González puxo en valor no acto, ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a iniciativa autonómica que comezou a andar en xullo de 2022 e que conta, polo tanto, con 14 polos activos, nos que xa se prestou asesoramento a máis de 2.000 proxectos empresariais en diferentes fases. O conselleiro avanzou que en vindeiras datas, ademais, a Rede seguira ampliándose cun novo laboratorio en Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra.

En palabras de González, as políticas de apoio ao emprendemento son clave para o desenvolvemento económico e social de Galicia e, por iso, explicou que é tan importante explorar e saber aproveitar as oportunidades de negocio que ofrece a comunidade galega, apoiando ás persoas que estean dispostas a facelo.

Neste senso, comentou que os polos son oficinas “de éxito”e, así, indicou, que o avalan os datos. Nos centros da provincia de Lugo en funcionamento ata o de agora (Friol, A Fonsagrada, Mondoñedo e Monforte de Lemos) atendéronse en dous anos preto de 500 proxectos (483) de diferentes sectores, predominando a hostalería (23%), a agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (12%)  e o comercio (11%). Ademais, preto do 60% das persoas emprendedoras son mulleres, unha mostra máis, segundo o titular de Emprego, do talento feminino que hai en Galicia.

Polo de emprendemento Sarria inauguración / Consellería de Emprego

José González puxo o foco no traballo que a Rede presta ás galegas e galegos e ás persoas de fóra que queiran asentarse en Galicia: de feito preto do 20% das persoas atendidas por toda a Rede ata o de agora proceden do estranxeiro. Subliñou, ademais, que tamén se está a prestar un asesoramento especializado aos emigrantes galegos do exterior que estean pensando retornar a súa terra cunha idea empresarial. “Estamos favorecendo o retorno a través da Rede de polos e a través desa planificación máis ampla que é a Estratexia Retorna e o programa Retorno Cualifica Emprego”, apuntou.

plan remuda

Doutra parte, o conselleiro tamén salientou que do total das iniciativas empresariais que se asesoraron na Rede na provincia de Lugo, un 6% correspóndense con proxectos de remuda dos que en máis da metade dos casos búscase a transmisión do negocio porque o actual titular atópase preto da xubilación.

Ao respecto, explicou que a Xunta ampliou o asesoramento que ofrece a Rede de polos a este tipo de circunstancias, poñendo en marcha un Plan de remuda co que se están a canalizar todos estes proxectos- xa son máis dun cento en toda Galicia- que precisan dunha transmisión, poñendo en contacto aos titulares dos negocios coas persoas que desexen coller ás súas rendas, facilitándolles ademais a transmisión.

ÚLTIMAS

A 7ª edición do Carude Rock celébrase o 9 de agosto

Na presentación do Festival, o Alcalde estivo acompañado polos organizadores do festival: José Luís...

Andrea Micc presenta este 5 de xullo no Casino Ateneo “Crónicas de Vanusum II. Conquista de Luz e Escuridade”

Esta segunda entrega, onde xa se pecha de forma circular a historia principal, Conquista...

Chegan a Monforte os nenos e nenas de Vacacións en Paz

Durante esta semana, unha comitiva formada por traballadores da SOGAPS, voluntarios e un grupo...

Diploma de honor da Cruz Vermella para o monfortino Manuel Valcárcel

O pasado sábado, durante o acto institucional de entrega de recoñecementos á acción voluntaria...