HomeEconomíaOutlet de verán no CCU de Sarria

Outlet de verán no CCU de Sarria

Desde o Centro Comercial Urbano de Sarria – ACES, desenvolven os días 23 e 24 de agosto a décima edición do "Outlet de verán" del comercio sarriano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante dous días, os establecementos participantes ofrecerán grandes descontos co obxecto de dar saída aos stocks de anos anteriores e ó produto excedente da tempada de verán. Calzado, roupa, roupa infantil, agasallos, complementos, fogar,… unha ampla variedade de produtos que poderán adquirir os clientes a un “prezo ideal”, destacan desde o Aces Sarria. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos locais adheridos a esta iniciativa.

Esta décima edición conta coa participación de 27 establecementos que son os seguintes: Atmosfera Sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carpe Diem, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Isabel Moda, Xoiería Díaz, Xoguetería 123 Escondite Inglés, Lar de Menchu, Latas Pinturas e Fogar, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida.

Todos eles contarán cunha zona “Outlet” onde os clientes poderán beneficiarse dos produtos a prezo de saldo. Un distintivo xigante nos escaparates identificará a preto da trintena de comercios participantes, os cales abrirán as súas portas no seu horario habitual. “Unha actividade máis coa que poñemos na rúa unha proposta para fomentar o mercado local e á que convidamos a participar, connosco, a todo o público de Sarria”, conclúen.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...