HomeEconomíaGalicia Emprende  apoia unha clínica odontolóxica no Saviñao

Galicia Emprende  apoia unha clínica odontolóxica no Saviñao

A Xunta de Galicia vén de resolver unha nova convocatoria do programa de apoio para emprendedores Galicia Emprende, destinando á provincia de Lugo máis de 250.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

Estas axudas teñen por obxectivo fomentar a implantación de pequenas e medianas empresas e mellorar o tecido produtivo de Galicia, creando emprego. Nesta convocatoria destínanse á provincia de Lugo máis de 250.000 euros para a implantación de dous talleres mecánicos, en Lugo e Friol, e dúas clínicas de odontoloxía, unha tamén na capital e a outra no Saviñao. A do Saviñao é un proxecto de 61.000 euros que recibe de axuda máis de 18.000 euros

No pasado ano este programa propiciou a creación de 11 pemes na provincia (5 en Lugo, 3 en Chantada e 1 en Monforte de Lemos, Castro de Rei e Vilalba), que sumaron achegas por importe de 570.000 euros e alcanzaron un investimento apoiado global de 1,6 millóns de euros. Trátase de catro comercios, un centro de ocio, unha industria cárnica e outra de papel, un centro de adestramento canino, unha clínica dental, unha empresa de servizos agrícolas e outra de base tecnolóxica.

Os interesados poden presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 euros e non superior a 500.000, para gastos ou investimentos que deben estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia. Os custos subvencionables poden ser de obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, adquisición de maquinaria, equipos informáticos, mobiliario, elementos de transporte interior ou equipamento de protección, e outros investimentos tales como gastos de investigación e desenvolvemento ou adquisición de dereitos de patentes ou licenzas.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...