HomeEconomíaFeira de economía social en San Xoán de Río

Feira de economía social en San Xoán de Río

Será este domingo 20 de outubro no Pavillón Municipal e contará con produtores, axentes de asesoramento para facilitar no emprendemento e outras propostas de lecer para rapazada e maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 20 de outubro o Concello de San Xoán de Río celebra a Feira de Outono da Economía Social no seu Pavillón Municipal a partir das 11:00 h.

A inauguración está prevista que a realice a Directora Territorial de la Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e para lembrar o Día da Muller Rural está programada unha actividad interactiva que explorará novas oportunidades para mulleres rurais.

As persoas asistentes poderán gozar dunha exposición evenda de produtos locais, tendo confirmada a asistencia os proxectos emprendedores seguintes: Arraigo á Terra, Piel Natura (empresa local), Sabor da Serra, Terras de Boborás, Porco Silleiro, e Adegas Cachín. E aqueles que cheguen tamén con ideas de emprender contarán cun servizo de asesoramento que abrangue dende a idea emprendedora ata o coñecemento e a obtención de ferramentas como a conectividade ou o coñecemento de trámites administrativos.

Ás 12:30 horas haberá un concerto da banda feminina ourensá The Tetas Band, durante a xornada diferentes degustacións e inchables para a cativada; e ás 16:00 h. unha partida de Monopoly Rural organizada pola Cooperativa Apoio.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...