HomeEconomía2.000 lucenses empregados pola Deputación

2.000 lucenses empregados pola Deputación

A esta finalidade o organismo provincial adicou 28 millóns de euros con especial atención tamén ao emprendemento

Publicado o

- Advertisement -

Desde a Deputación aseguran que o tecido empresarial é fundamental para a economía da provincia e por iso din apoialo. “Facémolo a pesares de non ter as competencias directas en materia de emprego, dende o Goberno da Deputación de Lugo estamos comprometidos ao 100% coa creación de novos postos de traballo, especialmente, co emprendemento”, apuntou a Deputada, Sonsoles López, durante o Congreso da AJE, Asociación de Jóvenes Empresarios, celebrado en Monforte.

Desde a Deputación púxéronse en marcha este ano os premios ao emprendemento, premiando con 50.000 euros 10 novas iniciativas empresariais no rural, 5 premios de 10.000 euros cada un cos que se colabora coa que xente que quere emprender no rural.

Reunións con representantes dos sectores produtivos lucenses para coñecer os perfís que as empresas lucenses solicitan e contribuir a vincular a oferta coa demanda das empresas é outra das iniciativas que se desenvolven desde a Deputación. Lévanse celebrado, ademais, 4 campus de Emprendemento Sostible, nos que máis de 300 persoas recibiron formación e asesoramento individualizado sobre iniciativas empresariais consolidadas, para abrir os seus propios negocios.

Sonsoles López deixou constancia no Congreso da AJE do traballo da Deputación en favor dos colectivos máis vulnerables. Asegura que se fomenta o emprego feminino, o de mozos de 35 anos sen experiencia laboral, o de maiores de 50 e o de persoas con capacidades diferentes. Ademais, inclúen nos contratos cláusulas sociais, coas que defender os dereitos dos traballadores.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...