HomeEconomíaDevólvense os recibos do último trimestre ós usuarios da Piscina Municipal de...

Devólvense os recibos do último trimestre ós usuarios da Piscina Municipal de Monforte

Os servizos económicos do Concello de Monforte procederán nos vindeiros días á devolución dos recibos da Piscina municipal ós usuarios e usuarias que os domiciliaron ou pagaron anual, semestral ou trimestralmente as cotas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal e como anunciou o rexedor monfortino a finais do mes de setembro, dende o 1 de outubro produciuse a parada temporal do servizo da Piscina Municipal de Monforte polo inicio das obras para a súa mellora integral. Por tal motivo devolveranse as cotas correspondentes ós meses de outubro, novembro e decembro de 2024 a aqueles usuarios que xa as fixeran efectivas previamente ó peche temporal da piscina.

As obras da piscina teñen un orzamento de 2.047.009€ e contemplan unha reforma integral das instalacións, cambiando practicamente todo: a entrada, a cafetería, o ximnasio, os vestiarios ou os propios accesos interiores á piscina, ademais de toda a imaxe externa.

José Tomé explica que unha das zonas da cidade que tivo unha transformación moi positiva é a zona da Pinguela, coa mellora das súas rúas, o novo parque Covas-Pinguela, o novo Pavillón de Deportes, a mellora de todo o espazo destinado para estacionamento ou as melloras do Campo de Fútbol.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...