HomeEconomíaConsello Regulador e Deputación de Ourense buscan 'fortalecer' a D.O. Ribeira Sacra

Consello Regulador e Deputación de Ourense buscan ‘fortalecer’ a D.O. Ribeira Sacra

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, co obxectivo de facer un fronte común de cara a consolidar e potenciar a D.O. Entre outros temas, coicidiron en traballar cara a mellora da rendibilidade, o aumento dos niveis de negocio e a conservación da paisaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, vén de reunirse co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, para tratar diversos temas destinados a “fortalecer esta denominación de orixe”, considerada estratéxica para as dúas provincias. Durante o encontro, debatéronse accións centradas nas melloras para os produtores, na xestión e na promoción turística.

RENDIBILIDADE ECONÓMICA E CONSERVACIÓN DA PAISAXE

Un dos puntos da reunión foi deseñar estratexias para orientar a Denominación de Orixe cara a maiores niveis de rendibilidade e negocio, pero mantendo como prioridade a conservación da paisaxe. Neste sentido, os dous mandatarios falaron sobre como enfocar as accións en beneficio dos viticultores, adegas e do conxunto do territorio.

Pensando nos viticultores e nas adegas, e co obxectivo de impulsar a sustentabilidade do cultivo, coincidiron en promover a instalación de estacións meteorolóxicas, que permitirán obter datos clave para optimizar a produción; e tamén destacaron a necesidade de avanzar na dixitalización, tanto na xestión interna como nas interaccións coas adegas e viticultores adscritos, co obxectivo de modernizar os procesos e mellorar a eficiencia.

No ámbito do turismo, salientouse a importancia de reforzar a promoción e, en concreto, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, que se consolida como un elemento relevante dentro da oferta turística.

BOA SINTONÍA ENTRE CRDO RIBEIRA SACRA E DEPUTACIÓN DE OURENSE

Luis Menor reafirmou o compromiso da Deputación nestes ámbitos, subliñando que “estamos ante un sector absolutamente estratéxico para Ourense”. Pola súa banda, Antonio Lombardía destacou a colaboración institucional, sinalando a “boa sintonía entre o Consello Regulador e a Deputación de Ourense”.

Finalmente, Lombardía agradeceu ao presidente o seu interese pola D.O. Ribeira Sacra e a súa disposición a acompañar as novas políticas do Consello Regulador para traballar pola sustentabilidade da produción, a mellora da xestión, a promoción dos viños e a conservación da paisaxe.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...