HomeEconomíaMerca e gaña polo Nadal

Merca e gaña polo Nadal

Máis de 600 establecementos do sur da provincia participan na campaña Merca e Gaña polo Nadal, que ten por obxectivo promocionar as compras no pequeno comercio.

Publicado o

- Advertisement -

O pequeno comercio dá traballo a unhas 1.400 familias na provincia. Por outra banda o Nadal supón máis do 25% das vendas anuais, por iso a Deputación a través da Federación do Comercio de Lugo desenvolve esta campaña, coa que se anima a todos os veciños a que fagan as súas compras mercando no comercio local.

Ofrécense 40 premios por valor de 10.000 euros, para seren reinvestidos nos propios comercios da zona. Así o informaron durante encontros con comerciantes da zona sur, que se realizaron en Monforte de Lemos e Chantada. Este tipo de campañas son fundamentais para poñer en valor a figura do pequeno comercio e impulsar a economía local. Tamén se incentiva o uso das novas tecnoloxías, xa que a dixitalización preséntase como un paso obrigado do comercio.

Merca e Gaña polo Nadal desenvolverase ata o 6 de xaneiro. As persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros. Para elo, débese fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.comou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será o 11 de xaneiro. Máis información en www.nadalmercaegana.com.

Durante este período, incentívanse as compras no comercio local con material promocional nas rúas dos 67 Concellos ou en redes sociais co hashtag #nadalmercaegaña.

Presentación campaña / Deputación

ÚLTIMAS

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...