HomeEconomíaAta o 16 de decembro está aberto o prazo para solicitar posto...

Ata o 16 de decembro está aberto o prazo para solicitar posto no Mercado de Nadal de Monforte

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Monforte, abrirá as súas portas os días 21 e 22, 28 e 29 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte ten aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade os días 21 e 22, e 28 e 29 de decembro de 2024.

Esta Campaña de Nadal na Praza de Abastos, ten como obxectivo principal fomentar as compras desta época nas tendas da nosa localidade, no noso comercio local, para elo queremos fusionar animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos de facer nas últimas edicións, unha oferta atractiva de lecer e animación para todos os públicos”, destaca o alcalde, José Tomé.

Os/as interesados/as en formar parte deste Mercado de Nadal terán que presentar a solicitude, xunto coa documentación requirida nas bases, no Rexistro xeral do Concello de Monforte, na sede electrónica, así como a través do seguinte correo electrónico: emprego_pe@concellodemonforte.com ata o día 16 de decembro de 2024.

O Mercado de Nadal contará con un máximo de 16 postos de venda e a convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes que vendan produtos, creación ou elaboracións de Nadal, como agasallos, xoguetería e complementos.

O Mercado de Nadal ofrece a posibilidade de coñecer as creacións de expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía. Durante catro días en dúas fins de semana, en xornada de mañá e tarde (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas) poderanse atopar pezas artesanais de diferentes disciplinas, artigos de decoración navideños e para o fogar, alimentación gourmet e xoguetes e agasallos para as diferentes idades.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...