HomeEconomíaPreto de 388.000 euros para impulsar a contratación de axentes de emprego...

Preto de 388.000 euros para impulsar a contratación de axentes de emprego en 36 concellos da provincia

Na Zona Sur chegan a Ribas de Sil, Bóveda, Chantada, Taboada, Carballedo, Sober e Monforte de Lemos. Na comarca de Sarria benefícianse O Páramo, Samos, O Incio e Triacastela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina 387.600 euros a impulsar a contratación de 36 axentes de emprego e desenvolvemento local noutros tantos concellos lucenses.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Xunta acaba de resolver a convocatoria de axudas deste ano para que as entidades locais galegas conten con este persoal.

Estes axentes teñen como funcións principais detectar oportunidades de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego, identificar novas actividades económicas e posibles persoas emprendedoras, levar a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego ou apoiar ás persoas promotoras das empresas, acompañándoas tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento.

O obxectivo desta medida é contribuír á dinamización da economía local e á xeración de novas actividades no ámbito local e rural, contribuíndo a fixar poboación. Así mesmo, tamén se potencia a Rede de Técnicos de Emprego de Galicia para fomentar o emprego e o emprendemento.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...