HomeEconomíaCompromiso do pleno do Incio para que a Deputación destine 250.000€ á...

Compromiso do pleno do Incio para que a Deputación destine 250.000€ á rehabilitación da Casona

A Corporación aprobou por unanimidade a moción que presentaron os socialistas cunha emenda de engádeda do equipo de Goberno na que solicitan que a Deputación achegue os fondos pendentes comprometidos xa no ano 2015.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa dos socialistas propuña reclamar a cesión da Casona da Cruz do Incio ofrecida pola Deputación de Lugo, actual propietaria do inmoble, así como a petición a outras administracións de fondos para a súa rehabilitación.

No transcurso do Pleno extraordinario celebrado o 30 de decembro, o Goberno municipal presentou unha emenda á proposta dos socialistas, que foi aprobada por unanimidade, polo que lle darán traslado á institución provincial para que poida cumprir co acordo.

O Goberno local fixo esta petición en base a unha visita dos membros da Deputación ao Concello do Incio no ano 2015 na que avanzaban que “ese mesmo ano” se porían en marcha os traballos de remodelación de dito inmoble, que contarían cun presuposto inicial de 250.000 euros do organismo provincial. Tal e como explica o alcalde do Incio, Héctor Corujo, “nós aceptamos a cesión do inmoble, para o que recuperaremos o polígono que afecta a esta propiedade e farémonos cargo do proxecto, que terá un uso social, e reclamaremos que a Deputación de Lugo cumpra a súa parte do acordo coa cesión deses 250.000 euros”.

“Agora temos un acordo firme do Pleno que así o demanda, polo que agardamos que nesta ocasión a institución provincial e os socialistas cumpran co acordado e non quede en papel mollado, como nas anteriores ocasións”, precisou.

Casona do Incio / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...