HomeEconomía10 novos técnicos de emprego para as comarcas de Quiroga, Lemos e...

10 novos técnicos de emprego para as comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada

A Xunta destina 84.000 euros a reforzar a rede de técnicos de emprego na zona sur. As contratacións faranse nos concellos de  Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Carballedo, Folgoso do Courel, Pobra do Brollón, Ribas de Sil e Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

No conxunto da provincia contrátanse 45 Axentes de Desenvolvemento Local, 44 deles noutros tantos concellos e un máis na Deputación Provincial. O investimento global ascende a 424.000 euros.

A Xunta renova anualmente este programa para favorecer a súa continuidade, xa que estes profesionais contan coa formación e experiencia para servir de apoio ás iniciativas de creación de emprego e  constitución de pequenas e medianas empresas que poidan xurdir na contorna. Desde a Xunta considérase fundamental asesorar a emprendedores e/ou desempregados para contribuír a dinamizar a economía local.

“É fundamental que a información sobre os distintos programas e recursos que facilitan tanto a Xunta como outras administracións ou entidades chegue a todo o territorio, especialmente ás zonas rurais, onde é necesario impulsar proxectos económicos viables e atractivos para a xente moza”, afirma o delegado, José Manuel Balseiro.

Os Axentes de Desenvolvemento Local son os encargados do acompañamento técnico no inicio dos proxectos empresariais, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e o apoio aos promotores das empresas. Esta actividade contribúe á constitución dun contorno local propicio á creación de emprego e a potenciar a xeración de iniciativas empresariais e novas actividades xeradoras de emprego.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...