HomeEconomíaDesde o 2017 o concello de Monforte destinou 146.000€ á promoción do...

Desde o 2017 o concello de Monforte destinou 146.000€ á promoción do emprego autónomo

O concello de Monforte concedeu, entre o período dos anos 2017 a 2024, máis de 146.000 euros (146.028,16€), á creación do emprego de autónomo. Beneficiáronse 112 persoas das que 69 mulleres foron mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No período comprendido entre os anos 2017 a 2024, ambos incluídos, o concello de Monforte destinou 146.028,16€ á promoción do emprego autónomo. José Tomé destaca que “para nós é fundamental a creación de emprego, e con estas axudas xeráronse postos de traballo e creáronse empresas constituídas por monfortinos e monfortinas. Sen dúbida, é unha forma de consolidar a nosa economía, de xerar riqueza, fixar poboación e dinamizar o tecido produtivo”.

No ano 2017,  dende o Concello destinándose axudas de fomento ó emprego por un total de 25.000 euros, o 60,65% foron concedidas a mulleres. No 2018, a mesma cantidade da que o 80,90% foi destinado a mulleres. No ano 2019 foron un total de 9.583,95€, sendo concedido un 40% das axudas a mulleres. En 2020 concedéron 10.260,14€, 36,54% para mulleres. No ano 2021, superáronse os 24.000€ (24.133,50€) sendo o 75,53% destinado a mulleres.

2022 foi o ano en que o concello destinou o importe máis alto, 26.233,43 euros, dos cales un 79,16% foi destinado a mulleres. No ano 2023 foron 14.814,08€, un 57% para mulleres. Finalmente, no 2024, concedéronse 11.003,11€, o 67,08% das axudas foron percibidas por mulleres.

En total, ó longo do período 2017-2024, beneficiáronse destes 146.028,16€ concedidos polo Alcalde monfortino 112 persoas, das cales foron 69 mulleres, ás que se destinou un total de 97.705,63€, e 43 homes, cun total de 48.322,53€ en axudas.

ÚLTIMAS

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...