HomeEconomíaMedio Rural inicia os pagos das axudas ás adegas que se acolleron...

Medio Rural inicia os pagos das axudas ás adegas que se acolleron á destilación de crise

En total, destilouse viño de 15 bodegas por valor de preto de 350.000 euros e o alcol obtido emprégase para uso industrial

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural vén de iniciar os pagos das axudas para a destilación de crise ás adegas amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra. En total, destilouse viño de 15 bodegas por valor de preto de 350.000 euros e o alcol obtido empregarase para o seu uso industrial, polo tanto, non será apto para alimentación.

A destilación de crise, que foi aprobada pola Comisión Europea e financiada con fondos propios da Xunta, é unha medida extraordinaria solicitada para a DO Ribeira Sacra co obxectivo de rebaixar o stock de viño almacenado polas bodegas con problemas de excedentes e para darlle saída a ese produto de varias campañas sen distorcer o mercado, tanto en cantidade como en prezo.

Esta actuación enmárcase dentro do paquete de medidas xa adoptado polo Goberno da Xunta no pasado ano -préstamos vendima, ecorrexímenes, axudas mantemento paisaxe-, ante a situación de crise de excedentes como consecuencia do descenso xeneralizado do consumo de viño tinto.

Con respecto ás achegas para conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra, que están dotadas con 2 millóns de euros, os interesados en solicitalas teñen de prazo ata o vindeiro 30 de xaneiro para facelo.

ÚLTIMAS

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...