HomeEconomíaA Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra presenta o seu Plan Director

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra presenta o seu Plan Director

O acto de presentación desenvolveuse no restaurante Don Manuel de Monforte coa participación de ao redor de 200 persoas do sector empresarial e representantes de administacións que colaboran na iniciativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu ao acto de presentación das liñas estratéxicas polas que se guiará a agrupación de empresas para contribuír á dinamización económica da zona. Arias destacou que o impulso deste territorio “é un reto común no que contan coa colaboración do Goberno galego”, que ofrece ás empresas e autónomos distintos programas e ferramentas para mellorar a súa competividade e xerar riqueza e emprego na contorna.

Entre estes apoios destacou as 14 liñas de axudas que acaba de activar o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) por valor de 172 millóns de euros para promover a innovación, a dixitalización e a internacionalización do tecido produtivo e a orde unificada da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 40 millóns de euros coas axudas específicas para o colectivo de autónomos.

Tamén subliñou o fomento do emprendemento a través da rede de Polos que se está a despregar por toda a Comunidade. Monforte de Lemos conta cunha oficina na que se pode obter asesoramento gratuíto para iniciar un negocio que aproveite a riqueza e os recursos da zona; ou para mellorar un que xa está en marcha.

ÚLTIMAS

“Auga. O sangue da terra” do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel a exposición no Espazo+60 de Afundación

No Espazo +60 de Afundación, no número 18 da rúa Cardeal de Monforte inaugurouse...

Courel Vivo solicita un obradoiro de atención sociosanitaria no municipio

O Concello de Folgoso do Courel enfróntase a unha situación de despoboamento e envellecemento...

57.000€ para ampliar as aulas de infantil e a cuberta do patio do Frei Luis de Granada de Sarria

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este mércores o resultado...

Comeza o entroido en Monforte co ‘Xoves de Compadres’

A programación de Entroido 2025 comeza en Monforte este 20 de febreiro co Xoves...