HomeEconomíaO Concello de Chantada e SEA valoran ampliar o Polígono

O Concello de Chantada e SEA valoran ampliar o Polígono

Beatriz Sestayo, xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), e Manuel Lorenzo Varela, alcalde de Chantada, reuníronse coa intención de lanzar solucións á demanda de chan industrial na zona, tendo en conta que se esgotou, tras o anuncio do empresario Ramón Fernández de ocupar a última parcela que quedaba dispoñible.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta operación que está pendente da aprobación por parte do consello de administración de SEA, que se celebrará este xoves pola mañá, aínda que todo apunta a que a valoración será positiva, o Polígono de Chantada quédase sen parcelas.

Esgotados os máis de 80000 metros cadrados de chan industrial dun polígono que conta cunha superficie total próxima aos 112000, urxe abordar a necesidade de acometer unha ampliación.

O alcalde acompañou a Beatriz Sestayo e a Ramón Fernández á zona proposta polo Concello para executar a posible ampliación, unha superficie lindeira co actual polígono. Manuel Lorenzo Varela comprometeuse a enviar a SEA nos próximos días toda a documentación urbanística dos terreos.

«Estudaremos con interese esa información porque queremos responder á demanda de chan industrial na zona», explicou Sestayo, incidindo en que a proposta parece moi viable

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...