HomeEconomíaA Deputación aproba por unanimidade o reparto de 22M€ do Plan Deputación...

A Deputación aproba por unanimidade o reparto de 22M€ do Plan Deputación aos 67 concellos da provincia

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de actuacións e proxectos que os 67 concellos da provincia propuxeron para executar con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025, que nesta anualidade conta con 22M€ de fondos da institución provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este programa de investimentos inxecta 25M€ de fondos públicos no tecido socioeconómico da provincia, tendo en conta as achegas dos concellos, que suman case 3M€. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou que é o quinto ano consecutivo que esta ferramenta se aproba no primeiro trimestre do ano, permitindo así aos concellos planificar as súas accións, traballar con máis previsión, aproveitar mellor os recursos e dar unha resposta máis áxil aos veciños e veciñas.”

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno,  explicou que os concellos presentaron as súas propostas para investir estes fondos da institución provincial aos diferentes programas: investimentos; Servizo de Axuda no Fogar (SAF); reforzo do emprego; actividades culturais; actividades deportivas; actuacións e eventos turísticos; feiras e mercados; administración electrónica e protección de datos; e protección civil.

Nas peticións das entidades locais teñen prioridade os investimentos, aos que deciden dedicar máis de 16,5M€ -case o 70% do total dos fondos-, para acometer 324 obras e subministracións; seguido da creación de emprego, á que destinan algo máis de 3,6M€ cos que crearán 282 postos de traballo; e do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para o que os concellos de menos de 20.000 habitantes reciben 3,3M€ para atender a unhas 2.000 persoas.

A Deputada incidiu en que o Plan Deputación é “a mellor mostra de que a suma de esforzos, entre Deputación e os Concellos, multiplica resultados. A día de hoxe é unha fonte de recursos fundamental para impulsar o desenvolvemento e a cohesión territorial da provincia de Lugo, a través da dotación, a mellora e o mantemento de servizos e infraestruturas públicos”.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...