HomesociedadeO Concello de Monforte saca a licitación a Zona D

O Concello de Monforte saca a licitación a Zona D

O Concello de Monforte informa tamén da execución dos traballos de colocación do azud desmontable da Lagoa da Pinguela, no Parque de Cobas, que se levaron a cabo esta semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de aprobar a finais de maio o proxecto construtivo da “Zona D”, o Concello saca a licitación as obras para que as empresas interesadas poidan facer as súas ofertas ata o día 9 de xullo. A Zona D ten forma de rectángulo recortado, inclúe os terreos que están ubicados entre o Paseo do río Cabe, as traseiras dos edificios da Rúa Avda. de Galicia, as traseiras dos edificios da Rúa Cardenal (BBVA, supermercado) e unha pequena parte do Parque dos Condes que se corresponde co lugar onde está ubicado o muro de peche e a pérgola.

O proxecto de reparcelación foi aprobado na Xunta de Goberno do día 17 de xullo de 2023, cun custe inicial de 421.761,88€, aínda que tal e como remarcou o Alcalde, pode resultar algunha variación no orzamento, pero en termos xerais rondará os 400.000€ e os 450.000 € que se financiarán con fondos propios municipais, repercutindo despois as cargas e beneficios que procedan.

Os terreos correspondentes á denominada Zona D suman unha superficie de 3.274 m2, pertencentes a 35 propietarios ós que lles hai que sumar unha zona de terreo público. O proxecto permitirá eliminar unha pequena bolsa de maleza, abrindo un novo vial que comunicará a rúa Cardenal co Paseo do Río e xerará novas parcelas edificables e tamén unha pequena zona verde. Cando a urbanización da Zona D estea rematada o reparto dos novos terreos será o seguinte:

  • Zonas verdes: 541 m2.
  • Viais: 1.550 m2.
  • Edificables: 1.182,95 m2 dos cales 1.126 m2 poden dar lugar a baixos e 3.958 m2 a uso de vivenda.
  • As alturas modificables serán de baixo + 3 na zona que linda co Banco de Bilbao e de baixo + 1 na zona que linda co Paseo do Río Cabe.

As obras teñen un prazo de execución de 8 meses.

Instálase o azud da Pinguela

A colocación desta presa desmontable lévase a cabo durante a primavera para darlle continuidade lonxitudinal ó cauce natural do río Cabe e, ó mesmo tempo, mellorar a recarga subterránea da auga da lagoa, creando unha lámina de auga semellante á que consigue crear a presa do Parque dos Condes.

En época de estiaxe, a lagoa é máis sensible ás variacións que poida haber no río Cabe, xa que, debido ós caudais é mais difícil a recarga superficial da mesma a través do canal de entrada na lagoa.

Este AZUD desmontable retírase no inicio do outono, coa volta das choivas, para facilitar o paso da auga e evitar danos na medida do posible.

N0 2022 desenvolvérase a proxecto de acondicionamento da lagoa da Pinguela e construción da prensa desmontable no que se investiron 612.000€. Tamén se levou a cabo a construción dun paseo que conforma un circuíto ó seu arredor, completándose así unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas do Parque de Cobas.

Azud desmontable / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...