InicioEconomíaPlan para a xeración de emprego no rural da provincia

Plan para a xeración de emprego no rural da provincia

O plan diríxese aos 55 Concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes e con saldo vexetativo negativo nos últimos 10 anos. Espéranse crear un mínimo de 50 novos empregos e 6 novas empresas.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación en colaboración co Goberno Central sacan adiante este proxecto dotado de 200.000 euros cos que os Concellos poderán solicitar axudas para formar a rapaces de 16 a 30 anos de idade, e insertalos laboralmente.

No Real Decreto 1234/2018 aprobado polo Executivo de Pedro Sánchez ofrécense novas solucións para o rural, a través de subvencións directas ás propias entidades locais que son as que mellor coñecen as necesidades do seu territorio.

O plan contempla varias liñas de actuación:

Formación a mozos de entre 16 e 30 anos, que deberán estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Os mozos seleccionados para formar parte deste programa recibirán formación gratuíta en distintos sectores punteiros na provincia e recibirán unha beca durante o tempo de aprendizaxe. Deste xeito, únese a demanda existente no tecido empresarial da provincia coa oferta, cubrindo o posto de traballo cun perfil formado na materia que necesitan. As empresas que participen nesta programación tamén recibirán axudas.

Fomento do emprendemento. Entre os rapaces participantes neste proxecto, impulsarase o autoemprego e o emprendemento, ofrecendo axudas a mozos que teñen unha idea clara de negocio e queiran poñela en marcha.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...