HomeEconomíaPoñéndolle cara aos negocios de Monforte

Poñéndolle cara aos negocios de Monforte

Trátase dunha iniciativa que impulsa 'Acción contra a Fame Galicia' para visibilizar historias de emprendemento local da capital da Ribeira Sacra. Para participar no percorrido, que sairá da Praza España ás 10:30 h. e terá parada en diferentes negocios monfortinos, recoméndase inscrición previa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro mércores 30 de xullo, de 10:30 a 12:30h, terá lugar en Monforte unha actividade singular que busca achegar á cidadanía as historias e experiencias das persoas emprendedoras que sosteñen o tecido económico local. Trátase, como presentan dende ‘Acción contra a Fame Galicia’, dun Free Tour baixo o lema “Ponlle cara aos negocios de Monforte”.

O paseo, que partirá da Praza de España ás 10:30h (identificable cun paraugas azul), incluirá varias paradas en negocios locais seleccionados, onde os seus responsables compartirán a súa traxectoria emprendedora, así como os desafíos e motivacións que os/as acompañan no seu día a día.

A actividade está organizada no marco do Clube de Emprendemento, un espazo de encontro e dinamización dirixido a persoas emprendedoras, empresas, entidades sociais e a todas aquelas que apostan polo emprendemento como ferramenta de transformación e futuro no rural; e a iniciativa forma parte do proxecto “Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible”, desenvolvido por Acción contra a Fame Galicia e financiado polo FSE+ e a Fundación MAPFRE.

A participación é aberta e gratuíta, pero agradécese que se confirme asistencia a través do seguinte formulario: https://bit.ly/freetournegocios. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar con Ana no teléfono 648 16 68 48.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...