HomeEconomía170.000€ para a rehabilitación da Casa Ladrillo en Ribas de Sil

170.000€ para a rehabilitación da Casa Ladrillo en Ribas de Sil

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co Alcalde  Ribas de Sil, Roberto Castro González, un acordo de colaboración a través do cal a institución provincial financia cunha achega de 300.000€ para desenvolver un conxunto de actuacións que mellorarán os espazos públicos deste municipio e a primeira fase da rehabilitación da Casa Ladrillo da localidade. Os proxectos teñen un orzamento total de 306.323,13€, dos que o Concello achega a cantidade restante.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O convenio recolle a rehabilitación e acondicionamento exterior da Casa Ladrillo por un importe de preto de 170.000€. As actuacións que se levarán a cabo inclúen a limpeza e rexuntado dos muros de cachotería, rehabilitación da cuberta, substitución da carpintaría exterior, reconstrución do corredor tradicional, rehabilitación da escaleira exterior e a varanda, demolición do almacén anexo de bloque e cuberta de uralita e reconstrución do anexo lateral oeste.

“Trátase dunha edificación en pleno centro de San Clodio que ten gran valor patrimonial, representativa da arquitectura tradicional galega que se atopa en moi mal estado”, explicou Tomé Roca. “A través desta axuda conseguimos, por unha banda, garantir a seguridade cidadá da vila, salvagardar o patrimonio e sentar unhas bases necesarias para a rehabilitación integral do edificio”, detallou.

Historicamente, a planta baixa deste inmoble albergaba comercios, talleres artesanais e almacéns, aproveitando a súa situación céntrica e accesibilidade desde a praza principal de San Clodio e na parte alta, tres vivendas independentes ás que se accedía polo corredor e a escaleira exterior. O Concello pretende dar usos culturais e comunitarios a este edificio, que acollerá servizos como unha biblioteca, un museo dedicado ao ferrocarril e unha oficina de turismo. Ademais, está previsto rehabilitar as vivendas na parte alta para darlle un uso social.

A maiores desta actuación, este acordo permitirá que ambas administracións melloren a conservación das zonas verdes, vías e espazos públicos municipais mediante a adquisición de maquinaria especializada e a contratación de tres operarios nas áreas de limpeza, xardinaría e mantemento. O convenio inclúe, así mesmo, a adquisición dunha varredora industrial para facilitar e mellorar a limpeza de rúas e beirarrúas municipais.

San Clodio conta con dous parques infantís, unha praia fluvial e un paseo xunto ao río Sil dotado cunha ampla zona verde e árbores que requiren labores periódicas de poda e mantemento, así como zonas axardinadas, prazas e espazos públicos que se enmarcan nun territorio que forma parte do Xeoparque do Courel.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...