HomeEconomíaO 26 de setembro a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next elixe...

O 26 de setembro a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next elixe Xunta Directiva

Do 1 ao 5 de setembro ábrese o prazo para presentar as candidaturas, do 16 ao 25 de setembro farase campaña de difusión das candidaturas a través dos medios da asociación. Finalmente o 26 de setembro celebrarase a xornada de votación presencial, que terá lugar no Casino Ateneo de Monforte en horario de 9:00h a 21:00h

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, que busca unir demandas e solucións no tecido empresarial da Ribeira Sacra nas provincias de Lugo e Ourense, comeza o seu camiño nos inicios do 2023, desde ese ano un Consello de Administración provisional encargouse da posta en marcha da Asociación e sentar as bases para o seu desenvolmento.

Este verán a Asociación daba un paso fundamental coa contratación dunha Xerencia, unha necesidade prioritaria para a súa operatividade. Buscábase un perfil moi completo e versátil para facerse cargo dun colectivo que implica a sectores moi variados. Ao tempo, a xerencia tiña que ter un coñecemento do territorio e compartir a ilusión por este proxecto que segue materializándose. Dun proceso de selección que levou varios meses, escolleuse a David Diéguez de 34 anos, natural de Lugo. O novo xerente conta cunha interesante experiencia na xestión empresarial e na banca, ademais de dinamizar e promover asociacións de diversos sectores.

Agora chega o momento de dar outro paso fundamental e en Xunta Extraordinaria decidíase convocar eleccións para elexir a Xunta Directiva da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next.

A elección da nova Xunta Directiva realizarase mediante o sistema de candidaturas por lista ou equipo completo. Cada lista deberá presentar, de forma conxunta e nun único envío, a todos os membros propostos para ocupar os seguintes cargos:

  • Presidente/a
  • Vicepresidente/a
  • Secretario/a
  • Tesoureiro/a
  • Vogal/es (mínimo 1)

Para poder participar, as listas deberán estar compostas unicamente por socios/as activos/as_(ao día coas súas obrigas), incluíndo cada lista, como mínimo, os cargos obrigatorios e os vogais que se desexe. Poderán participar no proceso os asociados censados a data 31/08/25.

Presentación Plan Director Asociación Ribeira Sacra Next / RS Next

O envío das candidaturas debe de facerse por correo electrónico acomunicacion@ribeirasacranext.gal entre o 1 e o 15 de setembro. Cada lista deberá incluír:

  1. Listado de membros e cargo proposto para cada un.
  2. Lista asinada por todos os integrantes
  3. Sinatura do/da coordinador/a ou responsable da lista.

Dende o 16 de setembro ata o 25 de setembro, a Asociación publicará as listas completas que foron admitidas. Cada lista poderá difundir as súas ideas a través dos medios permitidos pola Asociación: sitio web, boletíns, correo e redes sociais.

O 26 de setembro, os socios/as votarán por unha única lista completa. O reconto realizarase tras o peche da urna, e os resultados comunicaranse nas horas posteriores, asinados pola mesa electoral. Con todo, o proceso farase conforme aos principios de transparencia, participación e legalidade. Espérase a maior implicación dos asociados para conseguir unha Xunta Directiva comprometida con seguir avanzando.

ÚLTIMAS

A posta en valor do sector agroalimentario centra un encontro entre o alcalde de Bóveda e o director de AGACAL

Durante o encontro abordouse a importancia de seguir avanzando na valorización das producións agroalimentarias,...

Comezan as Festas Patronais de San Clodio, en Ribas de Sil

A capitalidade de Ribas de Sil, San Clodio, comeza este mércores, 12 de agosto,...

A Deputación transferirá a Casona ao concello do Incio e axudará na súa rehabilitación

Este martes, 11 de agosto, o alcalde do Incio mantivo unha reunión de traballo...

Chantada informa dos principais puntos de observación da eclipse no municipio

Guiaron o encontro o astrofísico, Borja Tosar e a optometrista, Teresa Feás e María...