HomeEconomíaPrimeiros datos da vendima na D.O. Ribeira Sacra

Primeiros datos da vendima na D.O. Ribeira Sacra

A data 7 de setembro recolléronse 305.718 quilos de uva, cun total de 26 adegas activas, 2 finalizadas e 65 pendentes de iniciar o proceso. Mencía e Albariño preséntanse como as variedades máis abondosas, en tinta e branca respectivamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dos 305.718 quilos de uva recollidos ata o pasado domingo, 7 de setembro, contabilízanse 97.989 quilos de uvas tintas, principalmente Mencía (85.715 kg), xunto con Garnacha, Brancellao e Merenzao; mentres que as uvas brancas alcanzaron os 207.729 quilos, con predominio de Godello (189.623 kg), seguidas de Albariño, Treixadura e Dona Branca.

Consciente da importancia da vendima no desenvolvemento vitivinícola e económico da Ribeira Sacra, o Consello Regulador vén de informar á prensa nun comunicado que “mantén o seu compromiso coa transparencia. Por iso, durante todo o período de vendima comunicará semanalmente a evolución da campaña”.

Os datos difundiranse a través de notas de prensa e tamén das redes sociais e da páxina web oficial da Denominación de Orixe.

Variedades tintas: 97.989 kg

Mencía: 85.715 kg, Garnacha: 941 kg, Brancellao: 1.006 kg, Merenzao: 10.327 kg, Caiño: 0 kg, Grao Negro: 0 kg, Mouratón: 0 kg, Sousón: 0 kg, e Tempranillo: 0 kg.

Variedades brancas: 207.729 kg

Albariño: 13.349 kg, Godello: 189.623 kg, Treixadura: 2.926 kg, Branco Lexitimo: 0 kg, Dona Branca: 1.831 kg, Loureira: 0 kg, e Torrontés: 0 kg.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...