HomeEconomíaSober destina 15.000€ a axudas para escolares e universitarios, o prazo de...

Sober destina 15.000€ a axudas para escolares e universitarios, o prazo de solicitude remata o 15 de outubro

O Goberno local destina a estas axudas 15.000 euros, 2.500 euros máis que o pasado ano. Poderá incrementarse esta contía prevista en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober publica as bases para a concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar e, no seu caso, gastos de matrícula no centro universitario, de alumnas/os matriculadas/os de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme do Concello de Sober e para alumnos de educación secundaria, ciclos de FP, Alumnos BAC e Universitarios en réxime de concorrencia non competitiva.

As axudas serán como máximo de 100 euros por cada fillo que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos ou primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, no curso 2025/2026.

As axudas serán como máximo de 125 euros por alumno que estea cursando estudios de secundaria, ciclos de FP ou BAC no curso académico 2025/2026.

As axudas serán como máximo de 250 euros por alumno que estea cursando estudios universitarios no curso académico 2025/2026.

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de outubro no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres ou a través da sede electrónica do Concello de Sober (concellodesober.sedelectronica.gal).

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...