HomeEconomíaMonforte aproba 229 axudas para a adquisición de libros e material escolar

Monforte aproba 229 axudas para a adquisición de libros e material escolar

Estas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario están destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2025/2026 en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O importe total destinado a estes bonos ascende este ano a 30.000 euros, o que supón un incremento na contía de 5.000 euros respecto do exercicio anterior. Os vales pódense recoller xa, e no prazo dun mes desde a publicación da resolución de concesión, na Secretaría do centro de Servizos Sociais do Concello, emprazada no primeiro andar do centro Cívico Social (Paseo Malecón s/n).

No caso de non retirar o vale no prazo establecido entenderase que existe unha renuncia tácita e procederase a anular o vale. Do mesmo xeito, anularanse os vales cando se presente a renuncia expresa.

No caso do alumnado pendente de matrícula en setembro, a entrega do vale estará condicionada á presentación do certificado de matriculación no curso 2025/26.

Unha vez que a persoa solicitante este en posesión do vale, poderá adquirir os libros e o material escolar en calquera librería do municipio de Monforte de Lemos, a súa libre escolla, e polo importe máximo que figura no documento.

Se o importe do material escolar adquirido é inferior ao valor do vale, o persoal do establecemento deberá establecelo na factura correspondente ao interesado que emitirá o Concello de Monforte de Lemos, facendo constar o número de vales e o importe realmente gastado, perdendo a persoa beneficiaria a diferenza. Se o importe do gasto fose superior ao do vale, o persoal do establecemento emitirá a factura polo importe do vale e a diferenza será facturada á persoa solicitante. O Concello soamente asumirá a contía establecida no vale. Unha vez recibido o material escolar, a persoa solicitante entregará na libraría o vale asinado, autorizando a cesión do cobro ao establecemento autorizado.

Os establecementos deberán presentar as facturas  a nome do cliente/bolseiro acompañadas dos vales correspondentes no Rexistro Xeral do Concello de Monforte de Lemos, emprazado no Campo de San Antonio, antes do 31 de outubro do 2025 co fin de que a Comisión de Avaliación  promova a conformidade das facturas e se proceda ao seu pagamento polos servizos de Intervención Municipais.

Contía das axudas

A contía máxima das axudas é a seguinte:

•   150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.

•   100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a

•   120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.

  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65%









































































          150€ para alumnado matriculado nun
centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros
ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65%




O Concello destina 30.000 € a
axudas para a adquisición de libros e material escolar

– A
Xunta de Goberno celebrada este luns 15 de setembro aprobou a adxudicación de 229 axudas a familias de Monforte para a adquisición de libros e de
material escolar complementario para o curso 2025/2026 nas librarías da cidade.

– O
importe destinado a esta convocatoria ascende a un total de 30.000 euros, 5.000
euros máis que o ano pasado, o que supón un incremento do 20%.

– O
Alcalde, José Tomé Roca, destaca o compromiso do Equipo de Goberno en política
social: “Apoiamos deste xeito ás familias con menor renda per cápita do
municipio de Monforte que presentan dificultades económicas para afrontar o
gasto que supón o inicio do curso escolar””.

– Os
vales axuda pódense recoller xa, e no prazo dun mes desde a publicación da
resolución de concesión, na Secretaría do centro de Servizos Sociais do
Concello, no centro Cívico Social do Paseo do Malecón.

 

Monforte de Lemos, 16 de setembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé
Roca
, informa da aprobación na Xunta de Goberno deste luns, 15 de setembro,
da resolución pola que se conceden axudas económicas ás familias de Monforte
para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o
curso 2025/2026.

Nesta convocatoria concedéronse 229
axudas
que serán aboadas mediante a entrega dun vale, que será único por
persoa beneficiaria.

O importe total destinado a estes bonos ascende este ano a 30.000 euros,
o que supón un incremento na contía de 5.000 euros respecto do exercicio
anterior, no que se destinaron 25.000 euros. Este aumento do 20% responde ao
compromiso do Alcalde e do Equipo de Goberno co investimento en política
social, sendo así sensibles ás necesidades das familias, co obxectivo de non
deixar atrás a ninguén que o necesite. “Apoiamos deste xeito ás familias con
menor renda per cápita do municipio de Monforte que presentan dificultades
económicas para afrontar o gasto que supón o inicio do curso escolar”.

Estas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
complementario están destinadas ao alumnado
empadroado no Concello de Monforte
e
escolarizado
para o curso 2025/2026 en educación infantil, educación
primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nalgún dos centros docentes públicos ou
concertados existentes no municipio.

 

Recollida de vales e requisitos

Os vales pódense recoller xa, e no prazo dun mes desde a
publicación da resolución de concesión, na
Secretaría do centro de Servizos Sociais do
Concello, emprazada no primeiro
andar do centro Cívico Social (Paseo Malecón s/n).

No caso de non retirar o vale no prazo establecido entenderase que existe
unha renuncia tácita e procederase a anular o vale. Do mesmo xeito, anularanse
os vales cando se presente a renuncia expresa.

No caso do alumnado pendente de matrícula en setembro, a entrega
do vale estará condicionada á presentación do certificado de matriculación no
curso 2025/26.

Unha vez que a persoa solicitante este en posesión do vale, poderá
adquirir os libros e o material escolar en calquera librería do municipio de
Monforte de Lemos, a súa libre escolla, e polo importe máximo que figura no
documento.

Se o importe do material escolar adquirido é inferior ao valor do vale,
o persoal do establecemento deberá establecelo na factura correspondente ao
interesado que emitirá o Concello de Monforte de Lemos, facendo constar o
número de vales e o importe realmente gastado, perdendo a persoa beneficiaria a
diferenza. Se o importe do gasto fose superior ao do vale, o persoal do
establecemento emitirá a factura polo importe do vale e a diferenza será facturada
á persoa solicitante. O Concello soamente asumirá a contía establecida no vale.

Así mesmo, os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe de
cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.

Unha vez recibido o material escolar, a persoa solicitante entregará na
libraría o vale asinado, autorizando a cesión do cobro ao establecemento
autorizado.

En caso de extravío do vale, tanto pola persoa beneficiaria coma por
libraría, no se expedirá un novo vale.

Os establecementos deberán presentar as
facturas  a nome do cliente/bolseiro
acompañadas dos vales correspondentes no Rexistro Xeral do Concello de Monforte
de Lemos, emprazado no Campo de San Antonio, antes do 31 de outubro do 2025 co
fin de que a Comisión de Avaliación 
promova a conformidade das facturas e se proceda ao seu pagamento polos
servizos de Intervención Municipais.

 

Contía
das axudas

A contía máxima das axudas é a seguinte:

   150 € para Educación Infantil
por cada alumno/a.

   100 € para Educación Primaria e
por cada alumno/a.

   120€ para Educación Secundaria
Obrigatoria por alumno/a.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...