HomeEconomíaAta o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

Dentro do Programa de Fomento da iniciativa empresarial que desenvolve o Concello de Monforte de Lemos, destina unha partida de 30.000 euros a colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio previsto pola Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A estas axudas poden acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME) que teñan o seu enderezo fiscal e social en Monforte de Lemos e que comezaran a súa actividade entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025. Para elo, entenderase como inicio de actividade a alta no IAE.

A contía prevista nesta liña de axudas ascende a un total de 30.000 euros e a finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade. Concretamente, os gastos realizados desde dous meses antes do inicio da actividade ata a data límite de presentación das solicitudes.

O importe máximo de cada axuda será de 1.500 euros por beneficiario, non podendo superar o 50% dos gastos efectuados durante o período indicado. Cómpre destacar que esta cantidade poderá incrementarse nun 25% no caso de que a persoa beneficiaria sexa muller ou unha persoa con discapacidade.

Requisitos

Entre os requisitos para poder optar a estas axudas, ademais de ter o enderezo fiscal e social en Monforte, as empresas teñen que ser de nova creación, e as persoas promotoras estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial e crear, polo menos, o seu propio posto de traballo.

As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas destas bases cando formen parte dunha comunidade de bens, Sociedades Civís, cando a súa incorporación á mesma como socio implique a súa alta no réxime especial de traballadores por conta propia ou constitúan unha Sociedade Mercantil.

Gastos subvencionables

Os gastos que poden ser subvencionables corresponden aos realizados desde dous meses antes do inicio da actividade ata a data límite de presentación das solicitudes:

– Gastos de constitución: serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa: Visado, honorarios e gastos de proxectos técnicos, e alta no Rexistro Mercantil.

– Existencias iniciais de mercadorías: serán subvencionables o 50% da adquisición de primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción.

– Gastos de aluguer de local, do vehículo industrial, de aplicacións informáticas e de equipos informáticos: serán subvencionables o 50% dos  gastos de aluguer sempre que o elemento alugado sexa imprescindible para a realización da actividade da empresa.

– Primas de seguros: serán subvencionables o 50% dos gastos da contratación de seguros directamente relacionados coa actividade da sociedade (seguro do local, de responsabilidade civil e, como máximo, dun vehículo, só no caso de que sexa imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade).

– Subministracións e gastos correntes: serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos correntes derivados directamente da realización da actividade empresarial: Auga, teléfono, electricidade, gasóleo/gasolina, material de oficina, asesoría (só cotas mensuais), gas, equipos de seguridade nas súas instalacións (só cotas mensuais).

Entenderase que son gastos directamente derivados da actividade empresarial aqueles nos que os impostos indirectos, particularmente o IVE, que graven as prestacións de servizos ou entregas de bens para os beneficiarios podan ser obxecto de compensación.

Queda excluído destas axudas calquera outro gasto non incluído expresamente nos conceptos subvencionables anteriormente relacionados, e en ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

ÚLTIMAS

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de novembro os seus premios

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 11 anos de traxectoria impulsando...

Tres persoas para 180 maiores: o BNG denuncia situación “inhumana” na residencia DomusVi de Monforte

O BNG denunciou este xoves no Parlamento a situación "insostible" e "inhumana" que viven...

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes...