HomeEconomíaA Deputación de Lugo arranxa varias estradas en Paradela e Bóveda

A Deputación de Lugo arranxa varias estradas en Paradela e Bóveda

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Avanzan as melloras nas estradas provinciais. A Deputación de Lugo vén de mellorar a LU-P-0910, que vai de Rubián a Mosteiro Vello (en Paradela) por Vilarbuxán, nos os primeiros 6 quilómetros ata o límite municipal, desde o inicio da vía ao punto quilométrico 5,477.

A institución provincial tamén acondicionou a totalidade da LU-P-0903, que une o núcleo urbano de Bóveda coa conexión da estrada autonómica LU-611, na parroquia da Raíña. A adxudicataria do proxecto é Construcciones y Obras Taboada Ramos SLU por un importe de 268.683,32€ e un prazo de execución de menos de dous meses.

Os traballos en ambas vías consistiron na reapertura de cunetas, limpeza de drenaxe, reparación de desperfectos e repavimentación.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...