HomeEconomíaXornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Despois de celebrar en outubro unha xornada informativa sobre o programa de facturación, Verifactu, para empresas e autónomos/as; a seguinte proposta da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next será un taller sobre subvencións para as empresas galegas no ano 2026.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de información o Plataforma de Emprego que está poñendo en marcha a través das súa web (ribeirasacranex.gal), programa un foro de emprendemento feminino para xaneiro e segue organizando xornadas informativas para o sector empresarial.

A seguinte actividade será o martes, 16 de decembro, no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos. Desde as 11:00h levarase a cabo por parte de PROX Consultores unha explicación das axudas ás que poderán acceder as empresas galegas para Investimento, Adegas, Rural, Emprendemento, Traballo, Turismo ou Dixitalización. Os técnicos encargados de ofrecer a charla aclararán as dúbidas e preguntas que poidan xurdir e rematará a xornada formativa con sesión de networking entre as persoas asistentes.

A participación neste taller, que se densevolverá en modalidade mixta (presencial e online), é gratuíta e está aberta á participación das empresas e autonómos/as interesados/as, que deben inscribirse antes do 15 de decembro, a través deste enlace.

Xa o martes, 20 de xaneiro, celébrase un novo taller sobre seguros para empresas e autonómo/as. A actividade desenvolverase no Centro do Viño da Ribeira Sacra e tamén gratuíta podendo participar as persoas interesadas presencialmente ou online.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...