HomeEconomía"Mellor local, mellor galego", iniciativa do BNG para fomentar o comercio local

“Mellor local, mellor galego”, iniciativa do BNG para fomentar o comercio local

O BNG presentou este venres en Monforte de Lemos, a unha nova campaña para fomentar o comercio local e fortalecer a economía de proximidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG considera que o comercio local é unha peza clave do tecido económico e social, xerando emprego estábel, fixando poboación e ofrecendo un servizo próximo e de calidade. “Cada compra no comercio local é unha aposta polo futuro de Galiza, pola sustentabilidade e por un modelo económico máis xusto”, sinala Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón.

O BNG subliña tamén o impacto positivo do comercio local no medio ambiente, ao reducir desprazamentos innecesarios e fomentar un consumo máis responsábel. Ademais, destaca a capacidade destes establecementos para ofrecer produtos de proximidade, apoiar a produción galega e manter vivas as rúas e prazas, converténdoas en espazos de encontro e dinamización social.

Con esta iniciativa, o BNG reafirma o seu compromiso cun modelo económico que priorice ás persoas, o territorio e o ben común. A formación fai un chamamento á cidadanía a participar activamente na campaña e a converter cada acto de consumo nun xesto de apoio ao comercio local e ao futuro de Galiza.

“O obxectivo é reforzar a economía de proximidade, defender o emprego e contribuír á cohesión social nas vilas e cidades do país. Pretendemos concienciar á cidadanía sobre a importancia de consumir nos establecementos de barrio e nas pequenas e medianas empresas galegas”, asegura a responsable comarcal, Rosana Prieto.

Mellor local, mellor galego presentación / BNG

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...