HomeEconomía1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na...

1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na Ribeira Sacra

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a segunda convocatoria das axudas da Consellería do Medio Rural destinadas á conservación paisaxística e á loita contra a erosión dos viñedos da Ribeira Sacra, dotada con algo máis de 1,5 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As achegas están destinadas a poñer en valor o labor que desenvolven as persoas viticultoras inscritas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra e que colaboran, co seu cultivo, á conservación desta contorna de cara a evitar o abandono e a desaparición dos socalcos. Ao tempo, esta zona goza dun atractivo turístico en crecemento, o que contribúe á súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Os viticultores no ámbito da DO Ribeira Sacra que estean inscritos nos rexistros do Consello Regulador poderán beneficiarse destas axudas. A contía individualizada será, como máximo, de 2.000 euros por hectárea para o sistema de cultivo tipo 1, aquel que se realiza en zonas con socalcos de pedra de xeito non mecanizado; e de 1.000 euros por hectárea para o sistema de cultivo tipo 2, que se leva a cabo de forma mecanizada. Para realizar o cálculo do importe terase en conta a superficie de viñedo inscrita e, en todo caso, non se concederán achegas superiores aos 50.000 euros por persoa beneficiaria.

No territorio da Ribeira Sacra o sector vitivinícola é un motor económico fundamental, con cultivo de viñedo en zonas en muras de pedra e socalcos, con sistemas produtivos moi eficientes que determinan o mantemento dunha cultura agraria propia e que favorecen o asentamento de poboación e proxección de futuro para as xeracións máis novas.

Ligazón á resolución no DOG

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...