HomeEconomíaDo 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta cita que no 2024 celebraba 20 anos. As persoas interesadas en participar no Concurso de Axudas para a confección de Traxes Medievais deberán chamar entre o 2 e o 13 de febreiro ás emisoras Radio Principal Monforte Cadena Ser, Radio Monforte e Onda Cero Monforte durante a programación local, de luns a venres, e contestar a unha pregunta referida a Monforte que lle formulará en antena o locutor ou locutora.

O número máximo de persoas participantes será de 60 e non poderán participar aquelas que xa recibiran a axuda nos concursos de confección de traxes medievais dos últimos tres anos. Cada radio repartirá un máximo de 20 premios nominais de 60 euros ás 20 persoas que acerten a pregunta.

Unha vez finalizado o certame, as radios colaboradoras emitirán unha lista o 16 de febreiro co nome e teléfono de contacto das persoas premiadas, que terán que pasar polo Concello do 20 ó 27 de febreiro para realizar unha solicitude formal no Rexistro Municipal dunha cantidade máxima de 60€ por persoa. Esta axuda deberá ser empregada na confección e elaboración dun traxe medieval que se lucirá nos actos da Feira Medieval. Neste senso, compre recordar que os beneficiarios da axuda terán que xustificar a súa participación na Feira Medieval durante os días 4 e 5 de abril presentándose co seu traxe na Oficina de Información da Feira Medieval, que estará instalada na Praza de España.

Entre o 6 e o 15 de abril, os beneficiarios da subvención terán que presentar no Rexistro do Concello de Monforte a factura xustificativa do gasto da tenda colaboradora coa Feira Medieval onde confeccionou o seu traxe, polo importe concedido como mínimo, no que conste o pago e o concepto. Unha vez comprobado que a factura reúne todos os requisitos legais e que os beneficiarios participaron na XXII Feira Medieval, o Concello emitirá unha resolución recoñecendo a obriga a favor dos beneficiarios e procederá ao pago das axudas.

Os traxes subvencionados non poderán participar no Concurso de Traxes Medievais convocado polo Concello.

Nesta edición, colaboran con este certame un total de seis establecementos:

  • Coser Cosiendo – rúa Calvo Sotelo, 7.
  • Teresa Lamela Costura – rúa Doutor Casares, 66.
  • Gnomos – rúa Hermida Balado, 10.
  • Retales Merce – rúa Doutor Teijeiro, 38.
  • Tempo de Teas  –rúa Doutor Casares, 19 (só para adquisición de teas).
  • Mercería OZ –Avenida de Galicia, 43.

Para calquera cuestión ou aclaración adicional, as persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Monforte de Lemos (Campo de Santo Antonio, s/n, teléfono 982 402 501.

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...

O Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras no Polígono

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte autorizou esta semana conceder a...