HomeEconomíaA distribuidora de Naturgy inviste 125.000 euros en Sarria

A distribuidora de Naturgy inviste 125.000 euros en Sarria

O investimento mellorará a capacidade e fiabilidade do subministro cun novo centro de transformación e unha reordeación da rede de baixa tensión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, levou a cabo unha actuación de mellora da rede eléctrica no municipio de Sarria, cun investimento de 125.000 euros para reforzar o potencial de subministración eléctrica na zona.

A actuación consistiu na instalación dunha nova liña subterránea de media tensión de 325 metros, un novo centro de transformación de 250 kVA e 160 metros de condutor de baixa tensión subterráneo e a reordenación da rede de baixa tensión existente.

“Estas melloras permitirán optimizar o funcionamento da infraestrutura eléctrica, incrementando a capacidade da rede e mellorando a calidade e continuidade da subministración para os veciños e negocios do municipio“, explican dende UFD.

O delegado de UFD na provincia de Lugo, Jorge Mato destacou que “esta actuación reflicte o compromiso da compañía coa mellora continua da calidade da subministración eléctrica, mediante investimentos que contribúen a reforzar a fiabilidade da rede e o desenvolvemento dos municipios”.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...