HomeEconomíaAceiroga, apostando polas novas tecnoloxías e a mellora da capacidade produtiva

Aceiroga, apostando polas novas tecnoloxías e a mellora da capacidade produtiva

A empresa de Quiroga foi beneficiaria no 2025 dunha achega específica da Consellería de Medio Rural para fortalecer o emprego nas contornas rurais e diversificar a actividade agraria. Recibiu unha achega de 26.000€ para adquisición dun novo equipamento para limpar olivas e para extraer e recoller aceite, así como para contar cunha cinta transportadora e unha aspiradora de follas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, visitou este xoves as instalacións de Aceiroga, en Quiroga, onde salientou a aposta desta empresa polas novas tecnoloxías e pola mellora da súa capacidade produtiva, o que redunda nun incremento da calidade do seu produto.

Entre outras axudas, a empresa beneficiouse tamén dunha achega do Leader, a través da cal puido adquirir unha nova almazara para a elaboración de aceite, o que permitiu ampliar a súa capacidade de produción.

A conselleira puxo en valor a aposta do seu departamento por estas achegas, que favorecen o desenvolvemento rural e diversifican o seu tecido socioeconómico. Deste xeito, salientou que a convocatoria 2026 das axudas para proxectos en actividades non agrícolas se resolveu cun orzamento de 2,1 millóns de euros, a través dos que se apoiarán a 41 proxectos. Isto permitirá consolidar 474 postos de traballos e crear 39 novos empregos.

Ademais, Gómez resaltou que na última década se mobilizaron máis de 23 millóns de euros mediante estas axudas, beneficiando a preto de 550 empresas galegas. Ao mesmo tempo, isto permitiu crear 500 empregos e consolidar 4.320 postos de traballos.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...