HomeEconomíaO concello de Chantada aproba unha operación de crédito por valor de...

O concello de Chantada aproba unha operación de crédito por valor de 4.189.546€ “para executar importantes melloras no municipio”

O alcalde asegura que "o Concello de Chantada ten débeda 0 e capacidade para poder facer fronte a esta operación de crédito, que permitirá investir case 2M€ na vila e algo máis de dous millóns no rural".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada comezou a semana celebrabando sesión plenaria extraordinaria cun único punto na orde do día, unha operación de crédito que permitirá executar obras importantes para o municipio. Por unha banda contémplanse 2.300.000€ para acceso a núcleos e mellora de estradas municipais, de modo que se seguirán ampliando as vías con tratamento de aglomerado en quente. Nos últimos 7 anos desde o Concello melloráronse 83 km con aglomerado, “con esta operación adiantámonos ao que iamos facer nos próximos 7 ou 8 anos”, asegura o alcalde; Manuel Lorenzo Varela.

A operación de crédito por valor de 4.189.546€, que se aprobou este luns cos votos do equipo de goberno permitirá dispor de cartos para executar estas obras e os correspondentes proxectos. Contémplanse tamén importantes investimentos na vila como a ampliación da casa consistorial e seguir mellorando prazas e espazos públicos. “Son obras que nos parecen moi necesarias e a situación económico financieira do concello permítenos poder facer esta modificación orzamentaria coa que queremos dar o mellor servizo posible á cidadanía”, afirma o alcalde.

Na vila do Asma un dos investimentos máis importantes será o destinado a acondicionar como Casa Consistorial, a antiga casa da Academia, edificio que o Concello ten adquirido no Cantón. Segundo o proxecto co que conta o Concello, a obra terá un orzamento de 1.266.546€.

O Concello de Chantada destinará 73.000€ para distintos equipamentos urbanos, 140.000€ para o mobiliario da Biblioteca e 410.000€ á pavimentación de vías públicas e acondicionamento de prazas, “Queremos levantar a vía central da Praza de Santa Ana que todos os anos dá problemas, imos quitar a pedra e darlle un tratamento novo para zonas de vías públicas. Destinaremos case 190.000€ e abrimos novas vías e melloraremos outras prazas para seguir adecentando a vila”, explica Manuel Lorenzo Varela.

Segundo os informes económicos e de secretaría, o Concello de Chantada ten débeda 0 e capacidade para poder facer fronte a esta operación de crédito, “Para facer cousas grandes hai que facer este tipo de operacións. Firmaremos convenios para amortizar a débeda pronto e ao mesmo tempo poderemos executar esas actuacións que mellorarán a calidade de vida dos veciños e veciñas”, conclúe o alcalde.

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...